Noticias

A implantación de tres novas vacinas sitúa a Galicia como a Comunidade co calendario de vacinación infantil máis completo de España

A implantación de tres novas vacina gratuítas sitúa a Galicia como a comunidade co calendario de vacinación infantil máis completo. A vacina da meninxite B administrarase a todos os nenos e nenas aos dous meses de idade, a finais de ano; e a vacina do virus do papiloma humano estenderase no vindeiro curso a todos os varóns de 12 anos, co fin de acelerar os beneficios globais na loita contra a transmisión deste virus e na mesma dirección que o plan da OMS para eliminar os cancros producidos polo VPH.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que, tal e como anunciou a pasada semana no debate de investidura, a implantación de tres novas vacinas, que serán totalmente gratuítas, sitúa a Galicia como a comunidade co calendario de vacinación infantil máis completo de España.

Durante unha visita ao Grupo de Investigación GenVIP do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Rueda precisou que a vacina fronte a meninxite B administrarase a todos os nenos e nenas aos dous meses de idade, a finais de ano; e a vacina fronte ao virus do papiloma humano estenderase no vindeiro curso escolar a todos os varóns de 12 anos, co fin de acelerar os beneficios globais na loita contra a transmisión deste virus e na mesma dirección que o plan da Organización Mundial da Saúde para eliminar os cancros producidos polo VPH.

Por outra banda, e baixo a previsión de que se poida dispensar xa na campaña deste ano, o titular do Goberno galego resaltou que Galicia incluirá a vacina antigripal tetravalente para nenos e nenas de entre 6 meses e 5 anos.

Acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, Alfonso Rueda aproveitou a visita ao IDIS para poñer en valor o traballo de todos os seus investigadores, que fai que este instituto sexa un dos grupos de investigación máis recoñecidos a nivel internacional no eido das enfermidades infecciosas e das vacinas infantís. “Aquí non só se fala de sanidade senón tamén de futuro”, abundou, facendo fincapé no papel fundamental da investigación.

Así mesmo, gabou a responsabilidade da poboación galega, como se puxo de manifesto na pandemia, coa dispensación de máis de 6 millóns de doses contra a covid nun tempo récord. Ademais, Galicia ten vacinada ao 65,7% da poboación pediátrica, cando a media española está no 43%.

R., 2022-05-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES