Archivo (5 del 2022)

Buscador

Noticias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu hoxe ao Goberno central concreción e obxectividade para converter o Perte do naval nunha oportunidade para un sector 'clave para Galicia e que ten moito que achegar'. 'Así llo trasladarei ao presidente do Goberno', aseverou, incidindo en que os estaleiros galegos son competitivos, saben captar investimentos e apostan pola internacionalización. Durante a xornada de clausura de Navalia no Ifevi, Rueda reiterou o compromiso da Xunta con esta industria, reflectido no impulso da nova Estratexia Naval 2022-2026, elaborada en colaboración co sector, co fin de potenciar o seu crecemento e a súa diversificación, a través da transformación dixital, a sustentabilidade e a formación.
Un total de 29 itinerarios galegos pertencentes a 19 municipios e cunha extensión total de máis de 220 quilómetros terán este ano o recoñecemento internacional de sendeiro azul. Este balance converte a Galicia, unha vez máis, na Comunidade española co maior número de distintivos deste tipo, un galardón que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede desde hai varios anos para recoñecer o papel das sendas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e interpretar ambientalmente a contorna.
A Xunta de Galicia vén de facer público o contido dos sete acordos de xestión asinados este ano polo Sergas con cada unha das áreas sanitarias galegas. Dentro dos obxectivos fixados destacan os relacionados coa reforma e mellora da atención primaria. En particular, o primeiro destes obxectivos está directamente relacionado coa accesibilidade dos servizos deste nivel asistencial: márcase o obxectivo de que o 90% das cotas de persoal sanitario de atención primaria (medicina de familia, enfermaría ou pediatría) teñan cita dispoñible para o paciente en menos de 4 días.
Un dos eixos centrais será a exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022). Poesía, arte e vida, coa que a Xunta arrancará a programación o vindeiro 9 de xuño e dará cumprimento ao desexo expreso da propia autora que, en maio de 2016 fixo unha doazón da súa biblioteca e arquivo á Biblioteca de Galicia e ao Arquivo de Galicia. A estes fondos sumaranse achegas de persoas próximas á autora, doutras bibliotecas e arquivos, e a documentación audiovisual sobre a súa figura. Está comisariada por Olivia Rodríguez e estruturada en 10 áreas temáticas a través das que se fai un percorrido pola súa vida, obra e contribución á cultura e pensamento. Poderá verse na Biblioteca de Galicia ata o 17 de outubro.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.573 deles 2.131 son da área da Coruña, 1.092 da de Lugo, 1.247 da de Ourense, 1.072 da de Pontevedra, 1.792 da área de Vigo, 1.553 da de Santiago e 676 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 574 en unidades de hospitalización e 8.971 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 598.798 persoas curadas, rexistrándose 3.480 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.893.796. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.656.778.
A Xunta de Galicia anunciou o despregamento do programa poboacional de cribado de cancro de cérvix ao conxunto da comunidade galega. A folla de ruta inclúe un programa de cribado destinado ás máis de 621.000 mulleres galegas con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, e que ten por obxectivo reducir a morbi-mortalidade e a incidencia deste cancro entre poboación galega. En decembro do ano 2020, a Consellería de Sanidade iniciou a planificación do Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix e, recentemente, vén de concluír a primeira pilotaxe deste cribado, levada a cabo no distrito centro da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
A Consellería de Sanidade vén enviar as mostras de dous novos posibles casos da enfermidade da varíola do mono ao Instituto de Saúde Carlos III. Até o de agora, a Dirección Xeral de Saúde Pública comunicou ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, un total de tres posibles casos de infección, todas elas á espera dun diagnóstico definitivo. Nomeadamente, o pasado venres Sanidade enviou a Madrid as mostras da primeira das persoas que presentou na nosa comunidade un cadro compatible coa definición da varíola do mono. Nas últimas horas, o departamento sanitario da Xunta comunicou dous novos posibles casos e remitiu as mostras ao Instituto de Saúde Carlos III, para que estas sexan avaliadas nos seus laboratorios.
O tecido empresarial galego investiu en 2021 un total de 545 millóns de euros en tecnoloxía, 88 millóns de euros máis que o ano anterior, o que representa un incremento porcentual do dun 19,4 %. As microempresas destinaron a maior parte do seu orzamento TIC a bens tecnolóxicos mentres o investimento principal das empresas de 10 ou máis empregados destinouse a servizos e consultas tecnolóxicas. Son parte dos datos recollidos no informe 'Galicia. A economía en dixital. A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia', publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no marco do convenio de colaboración, asinado entre a Axencia, o Instituto Galego de Estatística (IGE) e o INE.
A Consellería de Sanidade vén de activar un protocolo para que todos os profesionais sanitarios de Galicia teñan claros os criterios para identificar posibles casos de varíola do mono. De feito, esta mesma mañá detectouse un caso sospeitoso, que xa se remitiu ao Centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitarias do Goberno central. Trátase dunha persoa, que non está hospitalizada, e que presenta clínica compatible coa definición de caso distribuída pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, á espera de recibir o protocolo definitivo por parte do Ministerio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.987 deles 2.474 son da área da Coruña, 1.499 da de Lugo, 1.638 da de Ourense, 1.283 da de Pontevedra, 2.217 da área de Vigo, 1.966 da de Santiago e 896 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 630 en unidades de hospitalización e 11.330 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 593.420 persoas curadas, rexistrándose 3.464 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.888.021. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.654.873.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES