Noticias

Galicia estenderá o cribado poboacional de cancro de cérvix a toda a comunidade

A Xunta de Galicia anunciou o despregamento do programa poboacional de cribado de cancro de cérvix ao conxunto da comunidade galega. A folla de ruta inclúe un programa de cribado destinado ás máis de 621.000 mulleres galegas con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, e que ten por obxectivo reducir a morbi-mortalidade e a incidencia deste cancro entre poboación galega. En decembro do ano 2020, a Consellería de Sanidade iniciou a planificación do Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix e, recentemente, vén de concluír a primeira pilotaxe deste cribado, levada a cabo no distrito centro da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá, en rolda de prensa, o despregamento do programa poboacional de cribado de cancro de cérvix ao conxunto da comunidade galega.

Acompañado polo xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores; e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o titular de Sanidade detallou folla de ruta dun programa de cribado destinado ás máis de 621.000 mulleres galegas con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, e que ten por obxectivo reducir a morbi-mortalidade e a incidencia deste cancro entre poboación galega.

En decembro do ano 2020, a Consellería de Sanidade iniciou a planificación do Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix e, recentemente, vén de concluír a primeira pilotaxe deste cribado, levada a cabo no distrito centro da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

O despregamento deste programa levarase a cabo dun xeito progresivo e, este mesmo mes de maio, iniciarase a súa expansión pola totalidade da área sanitaria de Lugo. Así, ao longo deste ano 2022, tamén estará operativo nas áreas sanitarias de Ferrol e Pontevedra. Ademais, no ano 2023 completarase a súa expansión ás sete áreas sanitarias galegas, ao implantarse tamén nas áreas da Coruña, Santiago, Ourense e Vigo.

Unha vez completada a súa implantación en todo o territorio galego, estimase un investimento anual próximo ao 1’2 millóns de euros.

O conselleiro de Sanidade salientou que coa extensión deste programa “a Xunta continúa coa súa aposta pola prevención e a detección precoz”, asi como por “unha Sanidade que actúa antes de que se presente a enfermidade”.

Pola súa banda. o xerente do Sergas apuntou que entre os anos 2016 e 2020, o Sergas diagnosticou un total de 547 casos con esta patoloxía, das que o 42’6% precisoaron dunha intervención cirúrxica.

Nese mesmo período de tempo, o número de altas no Servizo Galego de Saúde por diagnóstico deste tumor ascendeu a 1.203, o que representa unha media anual de 253 altas. Segundo os últimos estudos do Sergas, a rede sanitaria pública galega pasou de detectar casos nunha media de idade dos 61 anos -en 2016-, aos 54’4 anos -en 2020-.

Neste senso, José Flores remarcou que grazas a este tipo de accións preventivas “o Servizo Galego de Saúde consegue diagnosticar cada vez máis cedo unha patoloxía” que, na actualidade, xa é o segundo cancro máis frecuente en mulleres.

Datos do programa piloto galego

O cancro de cérvix é unha das principais causas de cancro entre mulleres a nivel mundial, sendo unha das neoplasias malignas que se poden controlar máis eficazmente. Unha fase preclínica prolongada e a identificación de fases premalignas con posibilidade de tratamento efectivo e sinxelo, confírenlle a posibilidade de instaurar medidas de detección precoz, engadindo ao obxectivo de detección precoz do cancro o da redución da incidencia, tal e como sucede no caso do cancro colorrectal.

O Virus do Papiloma Humano (VPH) é o responsable de practicamente a totalidade das lesións pre-cancerosas e os cancros de cérvix. Porén, a primeira proba de cribado é a detección de infección por VPH-AR que, de resultar positiva, requiriría unha citoloxía posterior.

A directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, explicou os datos da pilotaxe organizada polo departamento que dirixe no distrito centro da área sanitaria de Lugo, e na que Sanidade convidou ás probas de cribado a un total de 6.234 mulleres nas dúas modalidades de participación existentes: autotoma ou cita médica.

Do total de mulleres convidadas, participaron no cribado 3.046, o que representa unha participación do 49,1%. Delas, o 4,4% obtiveron un resultado positivo en infección en VPH-AR, polo que posteriormente deberon realizar unha citoloxía dentro deste programa para confirmar o diagnóstico. Ademais, entre todas estas probas detectáronse dous cancros. Os datos da pilotaxe, reflicten que a positividade foi superior no grupo de idade de 35 a 44 anos, diminuíndo a medida que aumenta a idade.

Toda a información referente a como participar no programa poboacional de cribado de cancro de cérvix atopa dispoñible na web do Servizo Galego de Saúde.

R., 2022-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES