Noticias

Galicia rexistra un total de 11.987 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.987 deles 2.474 son da área da Coruña, 1.499 da de Lugo, 1.638 da de Ourense, 1.283 da de Pontevedra, 2.217 da área de Vigo, 1.966 da de Santiago e 896 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 630 en unidades de hospitalización e 11.330 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 593.420 persoas curadas, rexistrándose 3.464 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.888.021. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.654.873.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

R., 2022-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O porto da Coruña converterase este outono nun dos grandes espazos da música en directo en Galicia coa celebración da segunda edición de Son & Mar A Coruña. Entre o 18 de setembro e o 11 de outubro traerá á cidade máis de 30 artistas en 12 eventos repartidos ao longo de catro fins de semana, reforzando unha proposta que combina música, cultura e territorio. A principal novidade desta edición é precisamente o seu crecemento. Tras a boa acollida da estrea en 2025, Son & Mar A Coruña pasa de seis a 12 eventos, ampliando tamén a súa duración de dous a catro fins de semana consecutivos. Esta evolución reforza a vocación do ciclo de consolidarse como unha das novas citas musicais de referencia do calendario galego.
Foto de la tercera plana (medallas-ouro-galicia-2026.jpg) Unha das Medallas recae en Claudia Álvarez, empresaria arxentina de orixe galega, que preside o grupo Álvarez Argüelles Hoteles. Un negocio familiar que comezou en Mar del Plata e que conta con hoteis en distintos puntos de América. Outra das galardoadas é a fiscal xefa de Menores no cantón suízo de Argovia, Beatriz Gil, que mantén unha estreita colaboración co asociacionismo galego en Zúrich. A terceira Medalla homenaxea a Carla Angola, filla dunha ourensá exiliada tras a guerra civil española, e hoxe 'unha das xornalistas máis influentes de Venezuela'. A cuarta Medalla de Galicia é para a odontológa Camila Fernández, unha das profesionais máis relevantes no Brasil.

Notas

Un equipo internacional liderado desde Galicia polo grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC e que contou coa participación do investigador da Facultade de Bioloxía Javier Sampedro conseguiu por primeira vez a edición xenética dun xene de susceptibilidade nunha especie forestal, o castiñeiro europeo (Castanea sativa), aplicando a tecnoloxía CRISPR/Cas9. No estudo colaboran tamén as Universidades de Turín e Politécnica de Madrid.
Un equipo do Instituto de Investigación en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial (Ifcae) da Universidade de Vigo está a desenvolver un proxecto estatal centrado na simulación de sistemas cuánticos non lineais multidimensionais mediante redes neuronais informadas por física. Empregando intelixencia artificial, nel buscan atopar novas propiedades físicas en sistemas cuánticos e fotónicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES