Noticias

Máis dunha decena de actividades expositivas, musicais e editoriais ata finais de ano no centenario de Luz Pozo Garza

Un dos eixos centrais será a exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022). Poesía, arte e vida, coa que a Xunta arrancará a programación o vindeiro 9 de xuño e dará cumprimento ao desexo expreso da propia autora que, en maio de 2016 fixo unha doazón da súa biblioteca e arquivo á Biblioteca de Galicia e ao Arquivo de Galicia. A estes fondos sumaranse achegas de persoas próximas á autora, doutras bibliotecas e arquivos, e a documentación audiovisual sobre a súa figura. Está comisariada por Olivia Rodríguez e estruturada en 10 áreas temáticas a través das que se fai un percorrido pola súa vida, obra e contribución á cultura e pensamento. Poderá verse na Biblioteca de Galicia ata o 17 de outubro.

A programación da Xunta no centenario de Luz Pozo Garza sumará máis dunha decena de actividades entre exposicións, un espectáculo musical sobre unha das súas obras, actividades académicas ou iniciativas no eido editorial. Así o anunciaron hoxe os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo M. Lorenzo e Valentín García no acto de presentación da efeméride que se conmemora este ano.

Como explicaron, un dos eixos centrais será a exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022). Poesía, arte e vida, coa que a Xunta arrancará a programación o vindeiro 9 de xuño e dará cumprimento ao desexo expreso da propia autora que, en maio de 2016 fixo unha doazón da súa biblioteca e arquivo á Biblioteca de Galicia e ao Arquivo de Galicia. A estes fondos sumaranse achegas de diversas persoas próximas á autora, doutras bibliotecas e arquivos, así como a documentación audiovisual sobre a súa figura. Está comisariada por Olivia Rodríguez e estruturada en 10 áreas temáticas a través das que se fai un percorrido pola súa vida, obra e contribución á cultura e pensamento. Poderá verse na Biblioteca de Galicia desde ata o 17 de outubro.

“Luz Pozo Garza foi unha das poetas fundamentais da poesía galega, que deixou unha enorme pegada na cultura galega. Temos o compromiso de conservar e, sobre todo, divulgar o seu legado con propostas abertas a todos os públicos, que sexan orixinais e capaces de involucrar á sociedade”, expresou Anxo M. Lorenzo. Pola súa banda, Valentín García recordou que a poesía de Luz Pozo Garza percorre o século XX e “adquire alcance e proxección universais ao tempo que se afianza no seu compromiso con Galicia e coa súa lingua”. É por isto que, como indicou, outra das actividades a vai levar a cabo o Centro Ramón Piñeiro, que publicará a edición facsimilar da revista Mensajes de Poesía, dirixida no seu tempo por Eduardo Moreira coa participación decisiva de Luz Pozo Garza coa autoría dos investigadores Luis Alonso Girgado, Armando Requeixo, Tamara Andrés e Manuel Naveira.

Trátase dunha das publicacións máis importantes da Galicia da posguerra que se recuperará agora nesta edición especial e na que no seu día escribiron grandes voces da poesía como Vicente Aleixandre, Álvaro Cunqueiro, Carmen Conde, Pura Vázquez, Ánxelo Fole ou Blas de Otero, entre outros.

Actividades paralelas

A programación en homenaxe a Pozo Garza completarase con distintas actividades paralelas, entre as que destacan tamén as xornadas Constelación Luz. Desenvolveranse na Cidade da Cultura e incluirán conferencias e mesas redondas coa participación de distintos expertos na vida e obra da autora. Tamén se publicará un catálogo que documentará o resultado da exposición central coa participación de Carmen Blanco, Xesús Alonso Montero, Xosé María Álvarez Cáccamo, Antonio Deaño Gamallo, Víctos F. Freixanes, Pilar García Negro, Aurora López, Olga Novo, María Novo, Manuela Palacios González, Andrés Pociña, Armando Requeixo, Claudio Rodríguez Fer, Olivia Rodríguez González, Mónica Vázquez Porto e Darío Villanueva.

Ademais, coincidindo coa data exacta do nacemento de Luz Pozo Garza, o 21 de xullo, terá lugar un concerto musical e literario Sol de Medianoite. Celebrarase no Auditorio Fontán da Cidade de Cultura e correrá a cargo dun elenco musical vinculado á Orquestra Sinfónica de Galicia, integrado exclusivamente por instrumentos de corda. Serán 12 cancións sobre o libro homónimo da autora para mezzosoprano e orquetra con lectura de extractos do texto orixinal. As homenaxes terán tamén unha pegada no eido audiovisual. Presentarase e proxectarase o documental Na procura da luz, realizado pola fotógrafa Rosa Taboada cun percorrido pola súa vida e obra e incorpora testemuños de persoas próximas a ela.

Poeta referente

Con estas iniciativas, homenaxéase a Luz Pozo Garza, poeta que iniciou o seu labor editorial en Nordés, revista de poesía e crítica da que foi directora. Formou parte da Real Academia Galega (RAG) como membro numerario desde 1996 e tamén foi membro do Centro PEN de Galicia. Os premios Tomás Barros de ensaio, González Garcés e Letras de Bretaña, así como o da Crítica Española e a Medalla Castelao son algunhas das distincións coas que foi recoñecida a súa traxectoria literaria.

R., 2022-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES