Noticias

Presentada a a 13ª edición da Mostra (S8) na Coruña como cita de referencia do cine experimental

Esta 13ª edición ten prevista a proxección de 138 pezas procedentes de 14 países, das que 53 son estreas internacionais e 47 poderán verse por vez primeira en España. O programa tamén inclúe presentacións, live performance, talleres e encontros profesionais coa participación de 53 artistas convidados, ademais de diferentes actividades para o alumnado de sete centros de ensino da Cidade. A presencialidade e a experiencia colectiva recuperan o seu protagonismo este ano, no que haberá unha importante representación do cinema experimental realizado por mulleres.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, acompañou hoxe a organización da Mostra de Cinema Periférico (S8) na presentación da súa 13ª edición, que terá lugar do 27 de maio ao 5 de xuño en diferentes localizacións da cidade da Coruña. O evento, consolidado xa como unha das citas de referencia arredor do cinema experimental, volve atoparse entre a listaxe de certames subvencionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da súa liña de axudas para festivais audiovisuais, que este ano distribúe 210.000 euros entre 11 citas.

En concreto, como sinalou Sutil, o encontro coruñés resultou adxudicatario de 40.000 euros, a maior das contías concedidas nesta convocatoria, mediante a que o Goberno galego mantén o seu compromiso cunha serie de eventos estratéxicos para o sector, que conforman unha moi rica oferta en canto a temáticas, xéneros e especializacións e que nas súas últimas edicións acreditaron “unha solidez a proba das maiores dificultades e imprevistos”, afirmou.

Para o responsable de Industrias Culturais da Xunta, o (S8) combina de xeito maxistral unha ollada aberta aos últimos e máis interesante da vangarda internacional co seu papel como altofalante para os profesionais galegos máis interesados na experimentación con distintos xéneros e formatos.

Máis de 50 estreas internacionais

Esta 13ª edición ten prevista a proxección de 138 pezas procedentes de 14 países, das que 53 son estreas internacionais e 47 poderán verse por vez primeira en España. O programa tamén inclúe presentacións, live performance, talleres e encontros profesionais coa participación de 53 artistas convidados, ademais de diferentes actividades para o alumnado de sete centros de ensino da Cidade.

A presencialidade e a experiencia colectiva recuperan o seu protagonismo este ano, no que haberá unha importante representación do cinema experimental realizado por mulleres. Recibirase, así mesmo, a visita de destacados artistas internacionais, como Lee Ranaldo, cofundador da mítica banda estadounidense Sonic Youth, e a escritora e artista visual canadense Leah Singer, que estarán na Coruña presentando algúns dos traballos que veñen asinando xuntos desde 1991 e a súa performance Contre Jour.

A organización adiantou tamén que os australianos Dianna Barrie e Richard Tuohy, dúas das máximas referencias internacionais do cinema fotoquímico, impartirán un taller intensivo sobre como facer cinema en 16 mm de maneira autosuficiente. As inscricións xa están abertas na web do festival.

Escaparate do cinema galego

O director da Agadic fixo tamén fincapé na función da mostra (S8) como escaparate do máis innovador que se está a facer en Galicia dentro do ámbito audiovisual. Este ano, por exemplo, contarase con case unha vintena de creadores galegos nas diferentes seccións, que se irán desvelando proximamente, e porase o foco especialmente nas novas xeracións, cuestionando e rompendo os parámetros do cinema experimental ou de vangarda orixinal

Referiuse, en concreto, á rexuvenecida sección SINAIS, cunha escolma de pezas galegas do último ano, e á produción Ultreia et Suseia, levada a cabo ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 e que será ofrecida en liña polo festival. Este traballo está composto por entrevistas en exclusiva que o (S8) lles fixo a cineastas como Carla Andrade, Diana Toucedo, Helena Girón e Samuel Delgado, Xisela Franco, Tono Mejuto, Xiana do Teixeiro, Alexandre Cancelo e Berio Molina, e pensado para a súa promoción internacional, con subtítulos en galego, castelán e inglés.

R., 2022-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES