
Ao peche do ano 2021, o número de días para acceder a unha destas intervencións en Galicia situouse 26 días por debaixo da media nacional, cuxo prazo medio quedou fixado en 96 días.
No conxunto do sistema sanitario español, as cifras da sanidade pública galega só se vén melloradas polo País Vasco, que rexistrou 62 xornadas de espera media.
A Consellería de Sanidade agradece o traballo realizado polos profesionais do Servizo Galego de Saúde pois, estes datos, son reflexo do esforzo realizado durante todo o ano, polos equipos de profesionais de quirófano, cirurxiáns, persoal de enfermaría e celadores, entre outros.
15 procesos cirúrxicos máis frecuentes
O Ministerio de Sanidade ten definidos como máis frecuentes un total de 15 procesos cirúrxicos. Así, as estatísticas establecen como cirurxías máis habituais as intervencións de cataratas, hernia inguinal/crural, prótese de cadeira, artroscopia, varices membros inferiores, colecistectomía, hallux valgus, adeno-amigdelectomía, hipertrofia benigna de próstata, quiste pilonidal, síndrome do túnel carpiano, cirurxía cardiaca valvular, by-pass aortocoronario e histerectomía.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.