
A Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela acollerá o mércores 8 de abril, ás 21.00 horas, a actuación en directo das tres propostas finalistas da terceira edición do Certame de grupos musicais da USC . Trátase de Xalundes, Malezza e Fuego Lolita. Nesta edición do certame participarán ademais ünder & Diego Flâneur. Este concurso ten como finalidade fomentar e darlle visibilidade á actividade artística e creativa orixinal, no ámbito da música moderna, da comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela e especialmente do seu estudantado. Outorgaranse tres premios dotados de 800, 450 e 250 euros, respectivamente.
Curso de Primavera
'Anatomía dos festivais galegos' é o título do curso de primavera deste ano, que está coordinado pola profesora Montserrat Dopico González e o estudantado de terceiro do Grao en Xestión Cultural. O curso impartirase na Facultade de Humanidades o vindeiro 9 de abril.
Kid Mount + ünder & Diego Flâneur
Ese mesmo día, ás 20.15 horas, Kid Mount, xunto con ünder & Diego flâneur, actuará, no ciclo Lubicán', na Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas trasladarase ao Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo. Previamente, ás 12.30 horas, haberá un encontro con Diego Flâneur na Casa do Saber, que require previa inscrición en [email protected]
Tradi-Fest
A USC celebrará tamén á volta da Semana Santa o seu quinto Tradi-Fest para favorecer o diálogo cultural entre os pobos do norte e do sur da franxa Atlántica, coa difusión da cultura musical e de danza tradicional. Baixo a dirección de Juan Carlos Zaheram, no Tradi-Fest amosaranse pezas a cargo do Espazo de Danza Tradicional da USC, coordinado polo profesor Hadrián García, e do Espazo de Pandeiretas, coordinado por Leticia López,
O programa está integrado pola Regueifa de Negreira de Vilamaior (Santa Comba), a Rumba de Bazar (Santa Comba), a Muiñeira de Silván (Coristanco), a Pandeiretada en Liñares, o Pateado da Noia (Xavestre, Trazo), Maneo de Silván (Coristanco), Foliada en Bembibre (xota e muiñeira) e Pasodobre da Peregrina. A asistencia ao festival é libre e de balde.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.