Archivo (4 del 2022)

Buscador

Noticias

O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a xira da súa última produción Ás oito da tarde, cando morren as nais a vindeira semana en Cee. Con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, a montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco. Recomendado para maiores de 12 anos, o espectáculo sitúa o público como elemento central e analiza de xeito crítico e irónico a relación entre o teatro e a súa recepción, cunha escenografía que reproduce un espazo de exhibición escénica.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.651, deles 3.360 son da área da Coruña, 2.713 da de Lugo, 2.478 da de Ourense, 1.978 da de Pontevedra, 2.864 da área de Vigo, 2.886 da de Santiago e 1.352 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 682 en unidades de hospitalización e 16.948 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 563.386 persoas curadas, rexistrándose 3.339 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.848.922. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.642.328.
As primeiras conclusións da enquisa realizada o pasado mes de febreiro á poboación galega para coñecer a súa opinión sobre os procesos de fusión dos concellos amosan que a cidadanía ten unha predisposición favorable á fusión voluntaria dos concellos (83%), e considera que a redución do número destes melloraría a súa capacidade de prestación de servizos. Malia que as porcentaxes diminúen cando a pregunta se fai sobre o propio concello, tamén neste caso máis da metade da poboación (un 56%) estaría a favor da fusión. Pola contra, tan só un 37% da poboación sería partidaria de realizar fusións obrigatorias.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, solicitou esta mañá ao Goberno que permita a participación tanto do tecido económico como das comunidades autónomas na xestión dos fondos europeos Next Generation para poder axustar estes apoios á realidade de cada sector e de cada territorio. Conde participou na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas que se celebrou en Madrid co obxectivo de abordar a situación actual destes fondos. O vicepresidente económico reiterou a solicitude dunha maior cogobernanza nos Next Generation tendo en conta a experiencia das comunidades autónomas na xestión de recursos comunitarios.
Arredor de 70 estudantes de oito centros educativos de Galicia danse cita durante a xornada de hoxe nas instalacións do centro de investigación aeroportada de Rozas ( CIAR), para participar na fase galega do certame de proxectos espaciais CanSat, unha competición promovida pola Axencia Espacial Europea na que os alumnos realizan unha simulación dun satélite desde a súa concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos. A Xunta de Galicia apoia por terceiro ano consecutivo a organización da fase galega desta xornada da cal sairán os representantes que acudirán á competición a nivel estatal.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.688, deles 3.326 son da área da Coruña, 2.483 da de Lugo, 2.275 da de Ourense, 1.890 da de Pontevedra, 2.693 da área de Vigo, 2.729 da de Santiago e 1.275 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 681 en unidades de hospitalización e 15.986 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 562.620 persoas curadas, rexistrándose 3.336 falecementos.
O traballo conxunto da Xunta e das tres universidades galegas para analizar o impacto das tecnoloxías intelixentes na cidadanía e no tecido empresarial, así como para identificar os marcos éticos e normativos axeitados para garantir os dereitos das persoas, consolidan a Galicia nunha posición de vangarda na aplicación da intelixencia artificial. Representantes de Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia reuníronse en Santiago cos responsables de sete grupos de investigación das universidades galegas para avanzar na elaboración do 'Estudo do marco ético-normativo e o potencial impacto do uso das tecnoloxías intelixentes'.
A Xunta está traballando no deseño e desenvolvemento dun Protocolo de actuación conxunta para a loita contra os incendios forestais na fronteira hispano-lusa. Así o anunciou hoxe o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, na videoconferencia celebrada no marco do Seminario de proxectos estratéxicos POCTEP 2014-2020. Neste senso, Manuel Rodríguez explicou aos asistentes que os lumes non entenden de fronteiras e de aí a importancia de que haxa unha colaboración específica entre ambos países para reforzar a capacidade operativa dos medios de extinción e minimizar os danos que poidan ocasionar os incendios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.743, deles 3.130 son da área da Coruña, 2.341 da de Lugo, 2.173 da de Ourense, 1.782 da de Pontevedra, 2.532 da área de Vigo, 2.592 da de Santiago e 1.178 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 23 están en UCI, 672 en unidades de hospitalización e 15.048 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 561.840 persoas curadas, rexistrándose 3.333 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.843.692. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.641.384.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.798, deles 2.918 son da área da Coruña, 2.170 da de Lugo, 2.032 da de Ourense, 1.658 da de Pontevedra, 2.374 da área de Vigo, 2.497 da de Santiago e 1.134 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 676 en unidades de hospitalización e 14.101 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 561.063 persoas curadas, rexistrándose 3.329 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.841.030.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (170)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES