Archivo (4 del 2022)

Buscador

Noticias

A exposición artéllase arredor de cinco grandes paneis situados en forma de estrela arredor da traxectoria persoal e profesional de María Casares. Tras un panel introdutorio abórdase a familia, a Segunda República e os primeiros lugares de residencia da actriz, A Coruña e Madrid, así como o exilio a París. Tamén se afonda na experiencia de María Casares na gran pantalla, a súa relación con Albert Camus, e a súa entrega ao teatro. O percorrido continúa pola madurez da artista, o seu retorno a España nos anos 70 e o seu legado e recoñecementos. O último panel céntrase na conversa de María Casares, dous anos antes da súa morte, co escritor e xornalista Manuel Rivas en París.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento para presentar a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ata 2027, que sitúa a sustentabilidade, a innovación e as persoas como os eixes das políticas de I+D+i da Xunta cunha mobilización extraordinaria de fondos de case 5000 M€ de investimento público-privado. Na súa intervención Conde explicou que, con respecto á anterior RIS3 (2014-2020), esta nova estratexia crece tanto en obxectivos como en recursos por exixencias do contexto de transformación enerxética e dixital que apremia a facer unha aposta aínda maior pola I+D+i.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.257, deles 2.860 son da área da Coruña, 2.067 da de Lugo, 1.919 da de Ourense, 1.607 da de Pontevedra, 2.280 da área de Vigo, 2.368 da de Santiago e 1.139 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 678 en unidades de hospitalización e 13.555 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 560.128 persoas curadas, rexistrándose 3.324 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.839.138. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.640.680.
Foi presentado en Agolada Corazón da Artesanía, IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos. O encontro, que chega á súa novena edición, busca configurarse como un gran escaparate de promoción e de posta en valor dos oficios tradicionais galegos. Durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, showcookings e venda de produtos gastronómicos, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.
O Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa prevé un investimento de 1.885 millón de euros ata 2027, nun total de 212 medidas destinadas a afondar na mellora da calidade das augas, nun contexto marcado polo cambio climático. Así llo trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez aos integrantes do Consello Reitor de Augas de Galicia, na reunión mantida en Santiago para presentar e someter a aprobación o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027.
As competencias dixitais da cidadanía galega seguen a mellorar segundo os datos que ven de publicar o Instituto Nacional de Estatística. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, que chegou ao 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar nas Comunidades Autónomas con máis proporción do poboación con habilidades básicas ou avanzadas. Unicamente o 1,4% da poboación Galega non tiña habilidades dixitais en 2021, un punto menos que a media, e ocupando o segundo lugar no Estado. O INE ven de publicar as estatísticas de habilidades dixitais a partir da enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares da edición 2021.
O Nodo Galego de Ciberseguridade pon en marcha o ciclo de actividades de formación, concienciación e orientación para o tecido empresarial galego. En total, están previstas unha vintena de actividades que se desenvolverán ao longo deste primeiro semestre do ano, cunha periodicidade aproximada dunha á semana. O ciclo comeza o vindeiro mércores 27 de abril cunha sesión formativa organizada grazas á participación de Altia e a colaboración da Fegamp. Esta actividade componse dunha sesión inicial cun enfoque informativo onde se exporá a actualidade respecto da normativa de protección de datos, e terá continuidade nunha segunda sesión de carácter práctico e dinámico, programada para o 3 de maio.
A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de elaborar un documento recollendo as directrices sobre o uso da máscara tras a publicación do Real Decreto que modifica o obrigatoriedade da mesma. O obxectivo do documento realizado polo Executivo galego é describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara en determinados ámbitos Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da máscara en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación.
A Xunta de Galicia presenta as novas convocatorias dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme, cun importe de 4,3 millóns de euros, que permitirán mobilizar 8,6 millóns, e que chegarán a unhas 90 pemes e microempresas galegas e lles permitirán introducir as vantaxes da innovación nos seus procesos de organización, produtos e servizos. Así, a Administración Autonómica segue a traballar pola mellora na competitividade das empresas galegas, favorecendo a innovación no tecido empresarial da nosa comunidade, especialmente nas empresas máis pequenas, que habitualmente atopan máis atrancos neste ámbito.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.779, deles 2.709 son da área da Coruña, 2.051 da de Lugo, 1.770 da de Ourense, 1.532 da de Pontevedra, 2.391 da área de Vigo, 2.195 da de Santiago e 1.117 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 621 en unidades de hospitalización e 13.143 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 555.343 persoas curadas, rexistrándose 3.314 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.830.421. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.636.380.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES