Archivo (4 del 2022)

Buscador

Noticias

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta vén de activar a Estratexia Naval 2022-2026 para avanzar cara á recuperación, ao crecemento e á diversificación do sector e aproveitar o Perte aprobado polo Goberno central. 'O obxectivo é orientar os esforzos dun sector estratéxico nos vindeiros anos; promover a colaboración entre estaleiros e os distintos elos da cadea; incentivar a diversificación dos produtos e mercados, e situar Galicia no lugar que lle corresponde ante o Perte do naval aprobado, por fin, polo Goberno central', abundou Feijóo.
A Cidade da Cultura transfórmase con Escenas do cambio non só no escenario idóneo para a representación das últimas tendencias nas artes escénicas, senón tamén en lugar de inspiración, recollemento e investigación para novas propostas de vangarda. Así, canda as pezas galegas que terán a súa estrea no festival, o público poderá gozar tamén de dúas obras creadas de maneira específica para a súa representación no Gaiás.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.833, deles 2.517 son da área da Coruña, 1.914 da de Lugo, 1.630 da de Ourense, 1.432 da de Pontevedra, 2.170 da área de Vigo, 2.123 da de Santiago e 1.038 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 625 en unidades de hospitalización e 12.195 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 554.518 persoas curadas, rexistrándose 3.304 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.827.497.
Galicia manterá as cualificacións numéricas para o alumnado en todos os cursos ao tempo que reforza as competencias lingüísticas, humanísticas, matemáticas e científicas nos currículos educativos para todas as etapas que se aplicarán a partir de setembro coa entrada en vigor da nova lei estatal. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deu conta das novidades, da estrutura e dos contidos curriculares da parte autonómica (Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.875, deles 2.463 son da área da Coruña, 1.877 da de Lugo, 1.645da de Ourense, 1.429 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.147 da de Santiago e 1.137 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 710en unidades de hospitalización e 12.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 551.451 persoas curadas, rexistrándose 3.289 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.822.421. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.634.976.
O bo tempo meteorolóxico e as reservas de última hora para os días festivos, especialmente a partir do xoves permitiron que Galicia peche unha Semana Santa cunha ocupación media por riba das previsións establecidas polo sector en boa parte dos destinos turísticos galegos, que o sector sitúa por riba do 80%. No caso de destinos turísticos como Ferrol, Ourense Santiago de Compostela, a Mariña lucense ou Ribeira Sacra a ocupación foi incluso maior, situándose entre o 90% e o 100% nalgúns casos.
Un total de 16 obradoiros da marca Artesanía de Galicia forman parte xa das recomendacións da guía Homo Faber, unha plataforma online que selecciona a excelencia da artesanía de toda Europa. Nesta guía pódense descubrir os mellores artesáns de cada país europeo, así como artistas, tendas, museos, galerías, talentos emerxentes e experiencias vinculadas á artesanía de alta calidade. A Homo Faber é unha plataforma que propón descubrir Europa a través da visita aos espazos de traballo dos artesáns, galerías, museos e experiencias vinculadas á artesanía de alta calidade.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou esta mañá que o Sergas está alerta, logo de que o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, informara onte as comunidades autónomas da detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe desconocido, en rapaces menores de 10 anos. Por este motivo, dende o Ministerio realizouse unha comunicación á todas as comunidades para realizar unha "observación e procura activa" de posibles casos.
A Xunta de Galicia vén de anunciar os nomes dos gañadores das mellores declaracións de amor en galego presentadas nesta undécima edición do certame Lingua de namorar. Un total de 132 mozas e mozos de entre 14 a 35 anos participaron neste concurso que procura dinamizar o uso da lingua galega entre a xuventude, tanto nas súas relacións persoais como na internet. Un ano máis, as Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e a de Política Social puxeron en marcha esta iniciativa que promove o uso de galego ao tempo que permite amosar o talento literario da mocidade a través de tres categorías, dúas delas para web e unha exclusiva para a rede social Instagram.
A ría de Vigo converterase o vindeiro mes de xullo no escenario dun espectáculo único coa chegada dos grandes veleiros da Ruta Iacobus Maris grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22. A cidade deu o pistoletazo de saída da peregrinación marítima máis longa do mundo. A Iacobus Maris supón o regreso a Galicia dos grandes veleiros en conmemoración da viaxe do corpo do Apóstolo ata Santiago de Compostela. A ruta xacobea marítima estará dividida en catro etapas e visitará cinco portos ao longo dunha peregrinación que partirá da localidade italiana de Xénova o día 25 de xuño e chegará ao Porto de Vigo o día 22 de xullo.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES