Archivo (4 del 2022)

Buscador

Noticias

As estacións de servizo galegas terán á súa disposición unha liña de apoios para que poidan facer fronte aos anticipos que están a desembolsar ao ter que rebaixar 20 céntimos no litro de combustible ao seus clientes. A Xunta inclúe esta medida dentro do Plan de Choque que aprobou para facer fronte ao actual contexto económico no que o pagamento deses adiantos está a provocar ás gasolineiras un problema de liquidez.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.124, deles 2.290 son da área da Coruña, 1.789 da de Lugo, 1.536 da de Ourense, 1.297 da de Pontevedra, 2.286 da área de Vigo, 1.843 da de Santiago e 1.072 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 591 en unidades de hospitalización e 11.518 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 547.187 persoas curadas, rexistrándose 3.264 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.813.765. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.632.150.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.672 deles 2.190 son da área da Coruña, 1.659 da de Lugo, 1.469 da de Ourense, 1.289 da de Pontevedra, 2.186 da área de Vigo, 1.795 da de Santiago e 1.070 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 568 en unidades de hospitalización e 11.089 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 546.184 persoas curadas, rexistrándose 3.262 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.811.339. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.631.369.
Presentouse a nova produción do CDG 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', con dirección e dramaturxia de Marta Pazos e cuxa estrea será este xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco. O espectáculo estará en Santiago ata o 1 de maio con 14 sesións e logo xirará ata xuño por Cee, Cedeira, Catoira e A Estrada, así como polas localidades portuguesas de Beja e Coímbra.
Foi presentado o festival de música contemporánea RESIS, que arrancará o vindeiro 21 de abril e reunirá ata xuño na Coruña destacados intérpretes nacionais e internacionais en distintos concertos, mesas redondas ou máster class e que incluirá un proxecto didáctico inclusivo para persoas con discapacidade visual. O primeiro concerto Gran Torso IV do Cuarteto Gerhard, terá lugar o 23 de abril na Igrexa das Capuchinas e un día antes comezará na Fundación Luis Seoane a mostra do traballo da residencia artística do Gaiás, con Igor C. Silva e Arxis Ensemble.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.506 deles 2.214 son da área da Coruña, 1.616 da de Lugo, 1.425 da de Ourense, 1.260 da de Pontevedra, 2.175 da área de Vigo, 1.751 da de Santiago e 1.052 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 548 en unidades de hospitalización e 10.944 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 545.152 persoas curadas, rexistrándose 3.254 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.809.385. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.638.518.
A Xunta de Galicia pediu ao Goberno central que estableza criterios claros e homoxéneos sobre as medidas de protección que deben aplicar as comunidades autonómicas de cara a garantir o benestar dos menores procedentes de Ucraína. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, trasladou esta solicitude durante a Comisión interautonómica de Familia e Infancia celebrada esta mañá. Á xuntanza de coordinación sobre a atención de menores deste país asistiron representantes das CCAA, así como dos ministerios de Dereitos Sociais e de Xustiza.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en rolda de prensa que a Xunta facilitará, a partir do martes, financiamento ás estacións de servizo para que poidan afrontar o adianto da bonificación dos 20 céntimos por litro decretada polo Goberno central. Para tal fin, puntualizou, aprobarase un programa dirixido a pemes e autónomos para obter financiamento, especialmente centrado naqueles sectores máis afectados pola invasión rusa, como é o caso das gasolineiras.
De cara á celebración de Semana Santa o sector turístico avanza boas perspectivas con previsións de ocupación entre o 60% e o 80%, se ben existen territorios que agardan acadar incluso ocupacións maiores como poden ser Santiago de Compostela, Ferrol ou Viveiro, polos de atracción polas celebracións vencelladas á Semana Santa. A meteoroloxía, as viaxes de proximidade e as reservas de última hora marcarán as ocupacións finais, aínda que o ritmo de chegada de peregrinos que se detecta nas últimas semanas apunta a unha Semana Santa boa para o sector. De feito, só na primeira semana do mes de abril chegaron a Santiago case 4000 peregrinos, máis dos que se chegaron en todo o mes de xaneiro e febreiro e tres veces máis dos que chegaron no mesmo período o ano pasado.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.626 deles 2.315 son da área da Coruña, 1.619 da de Lugo, 1.504 da de Ourense, 1.257 da de Pontevedra, 2.130 da área de Vigo, 1.696 da de Santiago e 1.092 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 468 en unidades de hospitalización e 11.138 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 542.258 persoas curadas, rexistrándose 3.240 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.803.142. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.625.602.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES