Noticias

Iacobus Maris converterá a Vigo no epicentro da peregrinación marítima máis longa do mundo

A ría de Vigo converterase o vindeiro mes de xullo no escenario dun espectáculo único coa chegada dos grandes veleiros da Ruta Iacobus Maris grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22. A cidade deu o pistoletazo de saída da peregrinación marítima máis longa do mundo. A Iacobus Maris supón o regreso a Galicia dos grandes veleiros en conmemoración da viaxe do corpo do Apóstolo ata Santiago de Compostela. A ruta xacobea marítima estará dividida en catro etapas e visitará cinco portos ao longo dunha peregrinación que partirá da localidade italiana de Xénova o día 25 de xuño e chegará ao Porto de Vigo o día 22 de xullo.

O peirao de Portocultura de Vigo acolleu a posta en marcha dos últimos preparativos para o evento coa firma do convenio de colaboración entre a Fundación Traslatio e o Xacobeo 21-22. Co alxibe “Hidria Segundo” como testemuña de luxo tras a súa recente chegada ao porto vigués, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou a posta en marcha do proxecto. O acto contou tamén coa presencia do presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña; e o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama.

"O Goberno galego está presente hoxe de novo aquí para apoiar un evento que une cultura, tradición e patrimonio marítimo, porque a Iacobus Maris é unha ruta que achega valor engadido a Vigo e Galicia", afirmou a representante autonómica.

A Iacobus Maris supón o regreso a Galicia dos grandes veleiros en conmemoración da viaxe do corpo do Apóstolo ata Santiago de Compostela. A ruta xacobea marítima estará dividida en catro etapas e visitará cinco portos ao longo dunha peregrinación que partirá da localidade italiana de Xénova o día 25 de xuño e chegará ao Porto de Vigo o día 22 de xullo.

“É para min unha honra anunciar hoxe o regreso a Vigo dos grandes veleiros, un espectáculo único que a cidade non vive desde hai moitos anos e que grazas á implicación da Xunta, a través do Xacobeo, poderemos gozar de novo", engadiu a representante autonómica.

Valencia -1 ao 3 de xullo-, Sevilla -8 ao 10 de xullo- e Oporto -16 ao 19 de xullo- son as outras tres cidades nas que recalará unha frota que xa conta cunha decena de unidades de catro países confirmados: o volta ao mundo VO70 “E1”, a goleta “Atyla”, o pailebote “Pascual Flores”, o ketch “Galaxie”, o bergantín “Cervantes Saavedra”, a carabela portuguesa “Vera Cruz”, o buque escola francés “Etoile”, romanés “Mircea” e os españois “Peregrina” e “Evangelina”.

A Iacobus Maris confluirá, ademais, con outra peregrinación como a VI travesía “Navega o Camiño- Sail The Way”. O obxectivo non é outro que o de lograr unha unión entre diferentes rutas de cara a súa entrada na ría de Vigo.

“Eventos como esta ruta marítima contribúen de forma decisiva e sen lugar a dúbidas a colocar a Galicia no mapa, e a Vigo no lugar que se merece neste dobre Ano Santo, reivindicando o seu papel central no Camino de Santiago, no Camiño Portugués da Costa”, anotou Marta Fernández-Tapias durante o acto de presentación en Portocultura.

R., 2022-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES