Noticias

Arrancan as actividades do nodo CIBER.gal destinadas á mellorar a ciberseguridade do tecido empresarial galego

O Nodo Galego de Ciberseguridade pon en marcha o ciclo de actividades de formación, concienciación e orientación para o tecido empresarial galego. En total, están previstas unha vintena de actividades que se desenvolverán ao longo deste primeiro semestre do ano, cunha periodicidade aproximada dunha á semana. O ciclo comeza o vindeiro mércores 27 de abril cunha sesión formativa organizada grazas á participación de Altia e a colaboración da Fegamp. Esta actividade componse dunha sesión inicial cun enfoque informativo onde se exporá a actualidade respecto da normativa de protección de datos, e terá continuidade nunha segunda sesión de carácter práctico e dinámico, programada para o 3 de maio.

Estas xornadas son totalmente gratuítas para os asistentes, e están dirixidas a responsables de tratamento de datos de pemes e micropemes e a profesionais interesados en coñecer as obrigas en torno á protección de datos.

Esta primeira actividade está enfocada para que os asistentes poidan coñecer e entender as principais obrigacións legais que impón a normativa de protección de datos e ofrecerlles pautas sinxelas que lles faciliten o cumprimento normativo. Ademais, terán a oportunidade de analizar casos reais, evitar condutas ilícitas e recibir consellos prácticos a aplicar no exercicio diario das súas funcións profesionais, que permitan manter a privacidade dos datos aos que se ten acceso.

A inscrición para este encontro € é gratuíta e pode realizarse a través da web de CIBER.gal. Todo os datos da xornada están dispoñibles en https://gaiastech.xunta.gal/es/actividades/proteccion-de-datos-conceptos-basicos-y-aplicacion-practica

Todas as actividades celebradas neste grupo de traballo serán publicadas na web oficial do nodo CIBER.gal, onde os interesados poderán atopar os detalles e indicacións precisas para poder inscribirse.

Nodo Galego de Ciberseguridade

O Nodo, promovido pola Xunta, integra, ademais das empresas e profesionais, a todas as Administracións públicas e aos organismos de referencia en España: o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), dependente do Ministerio de Defensa; e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), integrado no Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. CIBER.gal a primeira estrutura autonómica de colaboración público-privada na materia en España.

Nos vindeiros días, está previsto que se integren no Nodo ata 8 novas empresas e profesionais. Deste xeito, serán xa máis de 30 os integrantes deste espazo de colaboración procedentes do sector privado.

As empresas e profesionais que forman parte de CIBER.gal son maioritariamente do sector tecnolóxico, así como doutros como a investigación e o coñecemento, o sector normativo e de cumprimento, e de compañías con importantes estruturas de ciberseguridade de sectores como as finanzas ou a produción de madeiras.

Escenario de aumento da ciberdelienciencia e novas ameazas

Un informe elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia destaca que a nosa Comunidade sufriu case 20.000 estafas a través de medios telemáticos en 2021. Un de cada catro delitos cometidos en 2021 foron estafas de tipo telemático. Nese ano producíronse de media 40.000 ciberataques ao día en España, o que representa un aumento do 125 % con respecto a 2020.

Segundo o informe, en liñas xerais, os ataques son máis profesionais e sofisticados, con novas formas de infracción, extorsión e pagamento. Neste sentido, en 2021 rexistrouse en todo o mundo un incremento do 29 % nos ciberataques contra o sector educativo con respecto ao ano anterior. En España, o crecemento foi do 11 % con respecto a 2020.

O texto sinala así mesmo, que no momento actual existe unha situación de ameaza aos servizos públicos, de abastecemento e de información. Ante esta situación, a Xunta participa desde o pasado 21 de febreiro na actuación coordinada polo CCN do Ministerio de Defensa e polo Ministerio de Interior. O informe destaca que a maior parte das medidas solicitadas xa estaban implantadas ou en proceso de implantación na Xunta de Galicia.

R., 2022-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES