Noticias

A poboación galega con competencias dixitais básicas ou avanzadas creceu cerca dun 20% en 2021

As competencias dixitais da cidadanía galega seguen a mellorar segundo os datos que ven de publicar o Instituto Nacional de Estatística. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, que chegou ao 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar nas Comunidades Autónomas con máis proporción do poboación con habilidades básicas ou avanzadas. Unicamente o 1,4% da poboación Galega non tiña habilidades dixitais en 2021, un punto menos que a media, e ocupando o segundo lugar no Estado. O INE ven de publicar as estatísticas de habilidades dixitais a partir da enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares da edición 2021.

As habilidades dixitais calcúlanse en base a unha metodoloxía de Eurostat, harmonizada a nivel europeo, que establece cinco tipos de habilidades: sen habilidades, limitadas, reducidas, básica e avanzadas, construídas a partires do grao de habilidade nos campos da información e alfabetización de datos, comunicación e colaboración, creación de contidos dixitais, seguridade e resolución de problemas.

Habilidades dixitais xerais

En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, ata acadar o 61,6%. O 35,1% da poboación galega de 16 a 74 anos tiña competencias dixitais avanzadas no 2021.

Con respecto á poboación internauta, Galicia ocupa o sexto lugar nas Comunidades Autónomas con máis proporción do poboación con habilidades básicas ou avanzadas. O 38,9% dos internautas teñen habilidades dixitais avanzadas, polo que Galicia se sitúa no 8º posto a nivel estatal.

Unicamente o 1,4% da poboación Galega carecía de habilidades dixitais en 2021, un punto menos que a media, o que sitúa a Galicia como segunda Comunidade Autónoma do Estado con menor proporción de cidadáns sen habilidades dixitais..

Habilidades de información e comunicación

O 84,7% da poboación galega presenta habilidades avanzadas no apartado de “Información e alfabetización de datos”, e se sitúa a menos de 3 puntos da media estatal, o mesmo que nas habilidades dixitais de “Comunicación e colaboración”, que xa acadan o 88,6% de poboación con habilidades básicas ou avanzadas.

Habilidades de contidos, seguridade e resolución de problemas

O 69,7% da poboación galega xa dispón de habilidades básicas ou superiores na “creación de contidos dixitais” e o 76,2% en “seguridade dixital”, a menos dun punto da media estatal. Cando se trata de habilidades dixitais en seguridade dos internautas, Galicia supera a media estatal en máis de 2 puntos xa que o 84,6% dos galegos que navegan por internet teñen habilidades básicas ou avanzadas en seguridade dixital.

O 81,7% dos galegos teñen habilidades básicas ou superiores en “Resolución de problemas”, chegando ao 90,7% se nos centramos só en usuarios de internet, que que supera a media estatal.

R., 2022-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES