Archivo (3 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.441 deles 3.899 son da área da Coruña, 2.355 da de Lugo, 2.806 da de Ourense, 2.327 da de Pontevedra, 3.507 da área de Vigo, 3.268 da de Santiago e 1.193 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 323 en unidades de hospitalización e 19.091 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 492.980 persoas curadas, rexistrándose 3.145 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.730.334. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.576.166.
Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D no Polo Aeroespacial de Galicia. Aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos, súmanse os 12,34M€ obtidos do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade do Ministerio de Ciencia e Innovación -ligado ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea- para o desenvolvemento dun programa destinado á monitorización e observación da biodiversidade no que se utilizarán sistemas aéreos e mariños non tripulados para a captura de datos.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en rolda de prensa que o Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan Estratéxico 2022-2030 para deseñar a Galicia do futuro e acadar unha recuperación sostible, competitiva e inclusiva. Logo de cualificar este Plan como un 'documento de país' e como 'unha ferramenta útil', o presidente da Xunta incidiu en que 'sen planificación só pode haber improvisación'. Deste xeito, no tocante ás principais prioridades, Feijóo incidiu en que este Plan prevé un crecemento medio sostido ata 2030 de entre o 2 e o 2,5% anual e que nesta década se reduza 4 puntos a taxa de paro e que cara ao ano 2030 baixe ata o entorno do 8%.
A Cidade da Cultura presenta este mes os volumes 4 e 5 do ciclo Clásicas desfeitas, que leva a escenarios non convencionais obras inspiradas na literatura medieval galega e na renacentista portuguesa. Os dous proxectos están a tomar forma no marco do programa Residencias Artísticas do Gaiás co propósito de achegar unha ollada renovada e actual sobre o patrimonio cultural e artístico. As propostas, coproducidas pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, convidan a traballar ligando as artes escénicas coa creación contemporánea e coa arquitectura, ocupando espazos non teatrais. Un encontro aberto e diverso no que o clásico segue a ser recoñecible nestes anovadores espectáculos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.561 deles 3.814 son da área da Coruña, 2.226 da de Lugo, 2.655 da de Ourense, 2.207 da de Pontevedra, 3.319 da área de Vigo, 3.147 da de Santiago e 1.113 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 351 en unidades de hospitalización e 18.182 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 492.002 persoas curadas, rexistrándose 3.141 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.726.963. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.566.418.
A Cidade da Cultura comeza este mes a emisión do videopodcast Conversas na balea, un espazo de faladoiros que no seu primeiro capítulo, precisamente nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, se achega ao ámbito da promoción e produción musical desde a óptica de dúas mulleres profesionais de peso no sector. Trátase de Raquel Seijo, codirectora de Sweet Nocturna e responsable de ter traído a Galicia a nomes como Björk, Shakira, Muse ou Lenny Kravitz, e Andrea González, pianista, pedagoga e xestora musical directora do festival internacional IKFEM (International Keyboard Festival & Masterclass), que se celebra en Tui e Valença, e escollida entre as 100 Mulleres Líderes en España en 2019.
A Xunta remitiu este mércores ao Goberno central unha ampliación da oferta galega de prazas de acollida para recibir refuxiados da guerra en Ucraína. A primeira listaxe remitida a semana pasada compleméntase, deste xeito, con máis de 400 prazas procedentes tanto de concellos galegos como das entidades sociais e de particulares. Así, a día de hoxe Galicia xa ten a disposición un total de 1400 prazas. O Goberno central, a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, é o encargado de coordinar a chegada dos refuxiados e distribuílos polas comunidades autónomas en función da dispoñibilidade de cada unha e das características das persoas que cheguen.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, solicitou esta mañá no Parlamento de Galicia que o Goberno central corrixa o rumbo á hora de xestionar e repartir os fondos europeos. Conde lamentou a actual distribución, marcada polo centralismo, a discrecionalidade e a lentitude, fronte á experiencia que as comunidades autónomas teñen na execución deste tipo de recursos -e que só están recibindo o 28% dos fondos Next Generation-. A Xunta entende que esta crítica á cogobernanza é unánime, pois o Banco de España ou a CEOE xa se manifestaron subliñando o baixo impacto dos fondos no PIB e o escaso acceso da empresa.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enviou onte unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para solicitarlle que na Conferencia de Presidentes que se celebrará o vindeiro domingo en La Palma se aborde a aprobación dun Plan español de acollida para persoas refuxiadas procedentes de Ucraína, elaborado en coordinación entre o Goberno central e as CC.AA. e que conte tamén coa aportación das entidades locais. Feijóo recordou que, segundo datos de Acnur, son xa millón e medio os ucraínos que tiveron que abandonar o seu país nos últimos días a causa da invasión rusa e, ante a situación dramática que se está a vivir, subliñou que os poderes públicos deben poñerse á fronte da corrente de solidariedade que emana dos españois, ordenala e canalizala de xeito adecuado.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, resaltou hoxe que a candidatura galega ao Perte de enerxías renovables, que o Goberno aprobou o pasado mes de decembro, suma iniciativas que poderían chegar a mobilizar máis de 3800M€ e conta coa colaboración de empresas de referencia no sector como Naturgy, Iberdrola, EDP Renovables, Navantia e Repsol, ademais de prestar especial atención ás pemes. O Perte de enerxías renovables convocado polo Goberno prevé mobilizar un investimento público-privado de 16.370M€ e a creación de 280.000 postos de traballo.
« Anterior | 5  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (194)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES