Archivo (3 del 2022)

Buscador

Noticias

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes das principais entidades asociativas da frota galega para abordar a situación do sector ante a escalada nos prezos dos combustibles. Nela a titular de Mar expuxo a necesidade de actuar con celeridade e de adoptar medidas que teñan un efecto inmediato no sector, polo que demandou a convocatoria urxente dunha Conferencia Sectorial de Pesca por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que o Executivo do Estado e as comunidades autónomas poidan avaliar distintas medidas a adoptar para afrontar o encarecemento do gasóleo, agravado nas últimas semanas pola guerra en Ucraína.
O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona incluirá nos seus dous meses e medio de duración espectáculos dirixidos ao público familiar en emprazamentos céntricos dos concellos galegos para mostrar a maxia que ten Galicia a veciños e a visitantes neste Xacobeo 21-22. A programación do festival contará ademais con 7 desafíos extremos levados a cabo neste período por distintos artistas en lugares emblemáticos das 7 grandes cidades. As urbes galegas converteranse en capitais mundiais do ilusionismo e acollerán tamén 7 grandes galas internacionais de maxia coa presenza dos mellores magos e magas do mundo. A iniciativa ten unha parte solidaria con espectáculos previstos nas plantas de Pediatría dos principais hospitais galegos aos que se desprazarán os propios artistas para facer partícipes do festival e achegar a ilusión aos cativos ingresados.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.589 deles 4.201 son da área da Coruña, 2.386 da de Lugo, 2.705 da de Ourense, 2.084 da de Pontevedra, 3.497 da área de Vigo, 3.116 da de Santiago e 1.508 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 360 en unidades de hospitalización e 19.203 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 501.002 persoas curadas, rexistrándose 3.162 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.743.450. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.597.590.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.483 deles 4.144 son da área da Coruña, 2.372 da de Lugo, 2.802 da de Ourense, 2.138 da de Pontevedra, 3.394 da área de Vigo, 3.105 da de Santiago e 1.445 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 352 en unidades de hospitalización e 19.105 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 499.030 persoas curadas, rexistrándose 3.157 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.740.047. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.597.137.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo en valor o potencial e o peso da cadea mar-industria na economía de Galicia e defendeu a necesidade de que se adopten medidas específicas para os sectores máis afectados polo encarecemento dos carburantes, entre eles a pesca. Esta foi unha das demandas de Galicia expostas na Conferencia de Presidentes celebrada a pasada fin de semana e na que a comunidade galega tamén solicitou baixar os impostos que gravan os carburantes, a electricidade e o gas dentro dos parámetros que permite a Unión Europea para aliviar a situación da industria, da frota e da cidadanía.
A Xunta e o Goberno central apostan pola coordinación entre todas as Administracións e entidades implicadas para garantir a axuda ás persoas desprazadas de Ucraína. Así se acordou hoxe nunha reunión entre o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para abordar a crise humanitaria. Na reunión, a Xunta propuxo a creación dun plan nacional de recepción e acollida de persoas desprazadas procedentes de Ucraína que defina con claridade os protocolos que rexerán a súa chegada e articule e ordene os esforzos despregados polas distintas Administracións e entidades.
O Festival será unha oportunidade única para ver sobre un mesmo escenario a persoas tan destacadas na creación poética como Elisabet Duval, Teresa Moure, Luís Antonio de Villena, Ana Romaní , Carlos Callón, Luís Muñoz, María Castrejón, Xavier Queipo, Andrea Nunes, Daniel Asorey, Andrea Nunes ou Blanca Haddad, ademais de músicos cunha ampla traxectoria como Rodrigo Cuevas ou Projecto Mourente. De forma paralela aos recitais, Alguén que respira! bota de novo man dos cafés con conversa, que se desenvolverán polas mañás no ambigú do Teatro Principal a modo de foros de reflexión.
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o apoio inequívoco ao Goberno na posición exterior de España dentro da UE e da OTAN e reclamou unha baixada concreta dos impostos que gravan o prezo da luz, o gas e os hidrocarburos. Durante a súa participación na XXVI Conferencia de Presidentes Autonómicos, Feijóo fixo fincapé nun primeiro termo na importancia de dar unha resposta coordinada á crise humanitaria, provocada pola guerra en Ucraína. E, sobre este punto, demandou a concreción dun Plan nacional de acollida de refuxiados que permita darlles unha acollida digna e sostible no tempo.
A Xunta de Galicia e as principais entidades dedicadas á protección da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores que cheguen de Ucraína fuxindo da guerra. O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, celebrou un encontro con representantes de Unicef, Cruz Vermella e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) para sentar as bases dunha acción conxunta para garantir a identificación de todas as nenas e nenos que cheguen á nosa Comunidade.
Entre a escolma de obras que presenta a mostra destacan xoias documentais e bibliográficas, como o primeiro himno na honra de Santiago O Maior, O Dei Verbum, conservado nun breviario do século IX, ou unha tradución temperá ao galego-portugués do Liber Sancti Iacobi. Miragres de Santiago, datada no s. XIV ou comezos do XV. Ademais, exhibe dúas importantes pinturas con temática xacobea: El Apóstol Santiago (1655) de Murillo e Julián Romero y su santo Patrono (1585-1589) da escola de El Greco, ambas cedidas polo Museo del Prado.
« Anterior | 4  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES