Noticias

A Xunta e as principais entidades do eido da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores procedentes de Ucraína

A Xunta de Galicia e as principais entidades dedicadas á protección da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores que cheguen de Ucraína fuxindo da guerra. O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, celebrou un encontro con representantes de Unicef, Cruz Vermella e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) para sentar as bases dunha acción conxunta para garantir a identificación de todas as nenas e nenos que cheguen á nosa Comunidade.

A Xunta de Galicia e as principais entidades dedicadas á protección da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores que cheguen de Ucraína fuxindo da guerra na que está inmerso o seu país. O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, celebrou esta mañá un primeiro encontro con representantes de Unicef, Cruz Vermella e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) en San Caetano.

Así, esta xuntanza serviu para sentar as bases dunha acción conxunta cuxo obxectivo é garantir a identificación de todas as nenas, nenos e adolescentes que cheguen á nosa Comunidade, e coordinar actuacións dirixidas tanto á regularización da súa situación administrativa -para facilitar a súa estancia en Galicia-, como a evitar posibles casos de desprotección.

Neste sentido, a Xunta de Galicia e as diferentes entidades coinciden en que a prioridade é que os menores permanezan sempre no seu núcleo familiar e non separalos das súas familias, na liña do que recomendan todos os organismos internacionais. En todo caso, a día de hoxe a Xunta de Galicia non ten constancia de ningún caso de nenos, nenas ou adolescentes procedentes de Ucraína que se atopen en situación de desamparo na nosa comunidade.

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sinalou a importancia de que todas as accións individuais destinadas a ofrecer axuda aos menores que cheguen de Ucraína se fagan dun xeito coordinado e planificado. Para este fin o Goberno galego seguirá a traballar en coordinación coas entidades especializadas neste eido para difundir un conxunto de directrices que sirvan de guía de actuación para todas aquelas persoas que queiran achegar recursos para o acollemento destas nenas, nenos e adolescentes.

R., 2022-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

O proxecto Sensoxenoma chega xa ao seu quinto aniversario. Esta iniciativa dos grupos GenPoB e GenVip da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) reuniu en todo este tempo máis de 5.000 participantes, más de 1.500 doantes e recolleu máis de 20.000 mostras biolóxicas para constatar que a música deixa pegadas medibles nos nosos xenes e proteínas.
O grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab é un dos socios do proxecto europeo Spark4B+, que reúne 17 institucións e entidades de nove países co obxectivo de desenvolver ferramentas que permitan 'construír futuros xustos e positivos para a biodiversidade'. A clave da novidade do proxecto é a idea de explorar iniciativas alternativas impulsadas pola comunidade, para protexer e restaurar a biodiversidade, nunha variedade de contextos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES