Archivo (3 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.856 deles 3.385 son da área da Coruña, 2.021 da de Lugo, 2.381 da de Ourense, 2.052 da de Pontevedra, 3.082 da área de Vigo, 2.922 da de Santiago e 938 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 386 en unidades de hospitalización e 16.439 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 489.780 persoas curadas, rexistrándose 3.136 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.719.926. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.559.853.
O 43,06% das empresas que empregan especialistas en tecnoloxía en Galicia contratan mulleres con esta especialidade, unha porcentaxe que soamente superan Madrid, cun 44,26% e Estremadura cun 43,94%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) destaca, así mesmo que, de acordo co estudio realizado sobre a inserción laboral do Sistema Universitario de Galicia, a porcentaxe de mulleres que se manteñen empregadas en especialidades STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) nos dous primeiros anos tras obter o título é dun 83,9 por cento, lixeiramente superior á de homes, que é dun 83,3.
Galicia viviu un inverno moi cálido e seco durante o que se rexistrou a menor cantidade de precipitacións da última década, xa que hai que remontarse ata o ano 2012 para atopar rexistros de chuvia aínda máis baixos. Así se conclúe no resumo do informe elaborado por MeteoGalicia sobre o inverno climatolóxico, que abrangue os meses de decembro, xaneiro e febreiro e ten en conta os datos recollidos nas estacións máis representativas da Comunidade así como a súa evolución durante o período de referencia 1981-2010. No que respecta ao comportamento das temperaturas, o trimestre foi moi cálido, algo ao que contribuíu sobre todo un decembro no que tanto as máximas como as mínimas se mantiveron en valores elevados durante case todo o mes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.725 deles 3.387 son da área da Coruña, 2.002 da de Lugo, 2.257 da de Ourense, 2.070 da de Pontevedra, 3.077 da área de Vigo, 2.930 da de Santiago e 928 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 16.294 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 488.152 persoas curadas, rexistrándose 3.127 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.717.400. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.558.541.
Galicia trasladou este venres ao Goberno central a súa oferta dun milleiro de prazas de acollida en distintos centros para recibir a refuxiados a guerra en Ucraína. Ao mesmo tempo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou esta dispoñibilidade para axudar a calquera persoa afectada polo conflito. Neste senso, sinalou que o Goberno autonómico “está a orde” do que concreten os ministerios competentes en materia de acollida e acción humanitaria, e apuntou que hai tempo que a Xunta se puxo en contacto coa recentemente creada Asociación Galega de Axuda a Ucraína para mostrar o seu apoio.
O Centro Galego de Arte Contemporánea convida a percorrer a historia da arte recente a través da mostra Cruzamentos na arte galega da Colección CGAC, con obras incorporadas aos fondos do museo nas dúas últimas décadas. Comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e Sara Donoso, doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, a iniciativa volve situar a colección do CGAC como un eixe imprescindible e central do seu traballo e misión. A exposición caracterízase pola súa diversidade e riqueza plástica, tanto na traxectoria coma na orixe dos artistas representados.
Dende o luns a Xunta de Galicia pon en funcionamento o novo protocolo de identificación e manexo dos contactos estreitos da covid, logo da actualización sobre a recomendacións das corentenas. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou na presentación do protocolo a importancia que supón este cambio e fixo unha chamada ao sentidiño, posto que nos últimos días o sistema de rexistro da Consellería de Sanidade está a alertar dun incremento no número de casos, asociados probablemente aos actos do entroido, polo que apelou á cidadanía a seguir cumprindo as normas.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe a condena a agresión inxustificada de Rusia a Ucraína e amosou o apoio ao pobo ucraíno. 'Galicia non pode ser allea a esta situación, unha das máis graves vividas en Europa desde a segunda guerra mundial', abundou. Fíxoo con motivo da aprobación dunha Declaración Institucional no Consello da Xunta, na que tamén se reafirmou o compromiso cunha política exterior da UE e a Alianza Atlántica en defensa da paz e da estabilidade e o apoio ao Goberno de España dentro dos principios de unidade e Acción Exterior.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.365 deles 3.210 son da área da Coruña, 2.041 da de Lugo, 1.935 da de Ourense, 1.895 da de Pontevedra, 3.290 da área de Vigo, 2.950 da de Santiago e 952 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 15.940 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 481.790 persoas curadas, rexistrándose 3.114 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.705.068. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.538.666.
BioGalicia Summit é un encontro de carácter internacional centrado no sector da biotecnoloxía e organizado pola incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech, liderada pola USC en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Uninova e co apoio da Xunta de Galicia e a Fundación Incyde. Dentro deste ámbito, Galicia participa no Plan Complementario de Biotecnoloxía aplicada á Saúde impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, xunto a outras catro comunidades autónomas, para desenvolver ferramentas de diagnóstico, pronóstico e terapias de medicina personalizada.
« Anterior | 6  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES