Archivo (3 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 21.256 deles 4.474 son da área da Coruña, 2.553 da de Lugo, 2.429 da de Ourense, 2.265 da de Pontevedra, 3.955 da área de Vigo, 3.490 da de Santiago e 1.990 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 18 están en UCI, 425 en unidades de hospitalización e 20.813 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 513.064 persoas curadas, rexistrándose 3.186 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.763.801. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.605.892.
Unha vintena de concellos galegos con alta produción láctea e cinco organizacións agrarias veñen de asinar senllas cartas promovidas pola Consellería do Medio Rural para instar á ministra de Transportes a que se reúna cos convocantes do paro que leva días afectando o sector primario. En concreto, como medida que consiga un desbloqueo inmediato da situación, piden que se abra unha liña de diálogo cos transportistas que, no caso da nosa comunidade, son pequenos e medianos empresarios que se encontran -segundo se sinala en ambas misivas- nunha situación insostible derivada da alza dos prezos dos combustibles.
A 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico inclúe na sección internacional a concurso 14 títulos de distintas nacionalidades, dos que tres son galegos e os restantes de países como India, Brasil, Alemaña, Xeorxia, Perú ou Ucraína. Na listaxe internacional de filmes cómpre salientar unha estrea absoluta, cinco en España e dúas en Galicia. Canto á representación galega, concursan as películas Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro; O último de Arganeo, de David Vázquez Vázquez, e Notas sobre os cesteiros de Mondariz, de Fon Cortizo. Estas últimas serán presentadas polos directores.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.225 deles 4.310 son da área da Coruña, 2.423 da de Lugo, 2.459 da de Ourense, 2.176 da de Pontevedra, 3.739 da área de Vigo, 3.191 da de Santiago e 1.833 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 395 en unidades de hospitalización e 19.810 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 509.568 persoas curadas, rexistrándose 3.174 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.758.043. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.604.555.
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, 21 puntos por riba da media estatal.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, foi invitado a participar na sexta reunión do Grupo de Contacto posto en marcha en 2020 entre o Comité Europeo das Rexións (CdR) e as rexións e municipios británicos. Entre os seus obxectivos, este grupo trata de afianzar a cooperación a nivel subnacional entre a UE e Reino Unido para compensar os contactos perdidos polo Brexit. No encontro abordouse de modo específico as dificultades de aplicación do Acordo de Comercio e Cooperación UE-Reino Unido que entrou en vigor a principios do pasado ano.
Representantes da Xunta de Galicia e do Goberno central, dos concellos galegos e de entidades sociais e ONGD, reuníronse no Comité Galego ante a crise de Ucraína para coordinar e axilizar a axuda aos refuxiados que chegan a Galicia pola crise humanitaria. Participaron o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; ademais do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e membros de entidades sociais e de ONG.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a posta en marcha dun plan de choque para paliar a situación económica agravada pola guerra en Ucraína, coa ampliación do bono social térmico e con medidas específicas para o rural e a pesca. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo referiuse en primeiro lugar á axilización do lanzamento do bono social térmico, que beneficiará a máis de 66.400 familias que recibirán un ingreso único para os gastos de calefacción, auga quente e cociña.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro, Pere, a 1 de xaneiro de 2022, que ven a evidenciar novamente que o número de galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender, mantendo así a tendencia que se ven experimentando dende fai varios anos. Deste xeito, o número de emigrantes galegos volve baixar un ano máis, como nos últimos sete anteriores, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 529.038, 5.182 máis que no 2020.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.127 deles 4.334 son da área da Coruña, 2.447 da de Lugo, 2.682 da de Ourense, 2.137 da de Pontevedra, 3.602 da área de Vigo, 3.192 da de Santiago e 1.639 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 350 en unidades de hospitalización e 19.751 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 502.536 persoas curadas, rexistrándose 3.165 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.747.044.
« Anterior | 3  de  7 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES