Noticias

A Xunta deixa de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, 21 puntos por riba da media estatal.

Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

No transcurso da reunión, informouse tamén que Galicia está a elaborar un novo protocolo para a vixilancia dos casos de covid-19 para a nova etapa de transición. As directrices desta nova vixilancia consensúanse a nivel nacional, entre todas as comunidades autónomas, precisando a aprobación da Comisión de Saúde Pública. Aínda que tras a aprobación, débese deixar un período de adaptación, Galicia xa está a preparar a implementación da nova estratexia na nosa comunidade para axilizar os cambios, que se producirán atendendo á evolución da situación epidemiolóxica.

Outro tema que se abordou onte foi o do conflito ucraíno e a atención aos refuxiados que chegan á nosa comunidade. Para iso, estase a establecer un documento que recolla os procesos máis importantes a ter en conta nesta poboación a nivel sanitario, tales como a atención en procesos agudos, a vacinación contra a covid-19 e doutras enfermidades transmisibles como por exemplo a tuberculose ou sarampelo, ademáis de vixilancia de enfermidades de interese, entre outros procesos.

R., 2022-03-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

O proxecto Sensoxenoma chega xa ao seu quinto aniversario. Esta iniciativa dos grupos GenPoB e GenVip da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) reuniu en todo este tempo máis de 5.000 participantes, más de 1.500 doantes e recolleu máis de 20.000 mostras biolóxicas para constatar que a música deixa pegadas medibles nos nosos xenes e proteínas.
O grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab é un dos socios do proxecto europeo Spark4B+, que reúne 17 institucións e entidades de nove países co obxectivo de desenvolver ferramentas que permitan 'construír futuros xustos e positivos para a biodiversidade'. A clave da novidade do proxecto é a idea de explorar iniciativas alternativas impulsadas pola comunidade, para protexer e restaurar a biodiversidade, nunha variedade de contextos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES