Noticias

Volve baixar o número de emigrantes galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos que en 2021

O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro, Pere, a 1 de xaneiro de 2022, que ven a evidenciar novamente que o número de galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender, mantendo así a tendencia que se ven experimentando dende fai varios anos. Deste xeito, o número de emigrantes galegos volve baixar un ano máis, como nos últimos sete anteriores, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 529.038, 5.182 máis que no 2020.

Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes dos cidadás galegos que viven no estranxeiro e que xa naceron no país de residencia. Así, mentres que hoxe residen 5.182 galegos máis ca o ano pasado fóra das nosas fronteiras, o número de emigrantes nacidas e nacidos na comunidade que viven no exterior é de 1.445 menos, e sitúase actualmente en 146.423 persoas.

Os datos aportados polo PERE demostran que os descendentes de galegos aumentan o seu número mentres descende o número de emigrantes. Así, en Arxentina, aumentou o número de galegos residentes pasando dos 181.416 de 2021 aos 182.633 mentres baixou o de galegos nados na comunidade autónoma de 42.959 a 42.884. O mesmo sucede en Brasil, onde aumentou o número de galegos residentes de 49.593 a 49.970 pero baixou o de emigrantes de 11.059 a 10.980, e tamén en Europa: Suíza aumentou de 41.169 a 41.285 o número de residentes con padrón galego e baixou o número de galegos autóctonos de 18.951 a 18.633, e na Alemaña volve a acontecer o mesmo, aumentando de 17.600 a 17.717 os residentes e pasando de 8.020 a 7.963 os nados en Galicia.

Nova realidade migratoria

Esta realidade demográfica constitúe unha oportunidade para Galicia, que conta cun importante aliado fóra das nosas fronteiras para superar o reto demográfico que está a atravesar, non só a comunidade, senón toda España. Estas cifras reflicten, ademais, unha consolidación da tendencia migratoria iniciada nos últimos anos, que pon de manifesto o labor fundamental que está a levar a cabo o Goberno galego a través da Estratexia Galicia Retorna.

R., 2022-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

O proxecto Sensoxenoma chega xa ao seu quinto aniversario. Esta iniciativa dos grupos GenPoB e GenVip da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) reuniu en todo este tempo máis de 5.000 participantes, más de 1.500 doantes e recolleu máis de 20.000 mostras biolóxicas para constatar que a música deixa pegadas medibles nos nosos xenes e proteínas.
O grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab é un dos socios do proxecto europeo Spark4B+, que reúne 17 institucións e entidades de nove países co obxectivo de desenvolver ferramentas que permitan 'construír futuros xustos e positivos para a biodiversidade'. A clave da novidade do proxecto é a idea de explorar iniciativas alternativas impulsadas pola comunidade, para protexer e restaurar a biodiversidade, nunha variedade de contextos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES