Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

Xunta vén de poñer en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares enmarcadas na Estratexia Galega en Enfermidades Raras. Sitúanse en Vigo, A Coruña e Santiago e contan con equipos formados por un especialista en medicina interna, un especialista en pediatría e un profesional de enfermería. Así o indicou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no transcurso dun acto con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras. As unidades son dispositivos asistenciais encargados das actividades que comprenden o diagnóstico e seguimento dos pacientes con enfermidades pouco frecuentes.
A Filmoteca de Galicia retoma a programación para ofrecer unha retrospectiva do mestre do cinema xaponés Mikio Naruse, con once títulos que se poderán ver na sede coruñesa da Fundación Barrié debido ás obras de modernización que se están a acometer no centro audiovisual da Xunta. Trátase dunha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Japan Foundation e en paralelo coas filmotecas de Valencia e de Cataluña, así como co Círculo de Belas Artes de Madrid. O ciclo comeza este mércores e prolóngase ata o día 15 con sesións ás 17,00 e ás 19,30 h. A entrada é de balde ata completar a cabida.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.068 deles 3.717 son da área da Coruña, 2.238 da de Lugo, 2.153 da de Ourense, 1.990 da de Pontevedra, 3.553 da área de Vigo, 3.183 da de Santiago e 1.104 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 434 en unidades de hospitalización e 17.608 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 476.055 persoas curadas, rexistrándose 3.105 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.695.887. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.531.500.
A nova Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030 impulsará a oferta de dobres titulacións en ciclos formativos. Así o explicou o secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira, na súa comparecencia no Parlamento para dar conta desta nova folla de ruta que guiará as accións da Xunta de Galicia nestas ensinanzas. Centrada no reforzo da oferta e na súa adaptación ás necesidades dos sectores produtivos, no fortalecemento e extensión da rede de centros de excelencia, a estratexia impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade conta cun orzamento de 900M€ ata 2024.
A economía galega medrou no ano 2021 un 5,2%, un crecemento dúas décimas superior ao avanzado polo Instituto Nacional de Estadística (INE) para España. O instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao cuarto trimestre que mostran que Galicia recuperou máis da metade do PIB perdido durante a pandemia e que neste 2022 estará en disposición de recuperar a riqueza prepandemia. Ademais, os datos do 2021 confirman que, ao igual que en 2020, a economía galega tivo un mellor comportamento que a española.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.395 deles 4.668 son da área da Coruña, 2.774 da de Lugo, 2.645 da de Ourense, 2.353 da de Pontevedra, 4.510 da área de Vigo, 3.930 da de Santiago e 1.297 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 461 en unidades de hospitalización e 21.909 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 468.679 persoas curadas, rexistrándose 3.090 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.687.288. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.526.083.
Os establecementos hoteleiros galegos triplicaron en xaneiro o número de viaxeiros e superaron en máis do dobre o número de noites consumidas respecto de xaneiro do ano pasado, segundo os datos recollidos no informe de Conxuntura Turística Hoteleira publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Deste xeito, Galicia rexistrou en xaneiro un total de 127.380 viaxeiros e 236.312 noites cunha estadía media de 1,9 noites. Estas cifras tradúcense en que Galicia mantén un bo ritmo de recuperación da demanda turística galega, que recupera este mes o 76% da demanda turística respecto a 2019.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.477 deles 4.724 son da área da Coruña, 2.702 da de Lugo, 2.679 da de Ourense, 2.392 da de Pontevedra, 4.527 da área de Vigo, 3.918 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 484 en unidades de hospitalización e 21.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 466.919 persoas curadas, rexistrándose 3.086 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.683.227. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.523.752.
Tras a ofrenda floral, desenvolvida nas inmediacións do busto do artista en Vigo, celebrouse a entrega dos galardóns correspondentes aos anos 2021 e 2022. O Premio Laxeiro 2022 foi para o grupo Atlántica, agrupación artística creada en 1980 co propósito de reactivar as artes plásticas en Galicia, que tivo unha curta vida, ata 1983, tempo no que realizaron cinco exposicións comisariadas e recibiron o Premio da Crítica Galicia.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe un encontro con representantes da hostalería para comunicarlles a decisión de retirar a obrigatoriedade de presentar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais de hostalería, tras a reunión de onte do comité clínico. Deste xeito, desde as 00,00 horas deste sábado quedará sen efecto esta medida que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizara ata esa data.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES