
Os dobres graos de FP inclúen todos os módulos de dous ciclos, que se cursan de xeito simultáneo, permitindo obter dúas titulacións nun tempo aproximado de tres anos. Galicia comezou en 2017 a implantación destes proxectos, dos que na actualidade se están a desenvolver as dobre titulacións en Dirección de cociña e Dirección de servizos de restauración no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) e no institutos de Foz e Sanxillao (Lugo), e en Coidados auxiliares de enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia nos CIFPs Leixa (Ferrol), Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña) e Politécnico de Lugo.
Ademais, en Galicia pódese obter unha dobre titulación compaxinando o estudo dun ciclo no réxime ordinario e dos módulos que resten de outro polo réxime modular para persoas adultas.
Así mesmo, impártense varios proxectos de FP Dual que incorporan módulos doutros ciclos, en concreto o de Mecatrónica industrial con oferta parcial do ciclo de Automatización e robótica industrial no IES Universidade Laboral (Culleredo), o de Construcións metálicas con oferta parcial do ciclo de Proxectos de obra civil IES Laxeiro (Lalín), o de Procesamento e transformación da madeira con oferta parcial do ciclo Operacións de laboratorio no CIFP Politécnico de Santiago e o de Xestión de ventas e espazos comerciais con oferta parcial do ciclo Estética e beleza no CIFP As Mercedes (Lugo) e no IES A Guía (Vigo).
Tal e como explicou o secretario xeral de Educación, impulso da FP Básica, da modalidade Dual e dos másteres de FP completan a estratexia no referido á mellora da oferta, que se coordinara coas empresas. De forma complementaria, ampliarase a FP a distancia para atender as necesidades de cualificación das persoas para favorecer a aprendizaxe permanente e a súa empregabilidade. Isto completarase cos procedementos de acreditación de competencias adquiridas pola experiencia laboral.
Especialización dos centros
No referido ao fortalecemento da rede de centros de excelencia, apostarase pola especialización de cada centro en familias profesionais concretas e vencelladas na contorna. Así mesmo, impulsarase a oferta no rural, diversificándoa e ampliándoa. Nesta tarefa será fundamental a colaboración coas 11.000 empresas que hoxe en día están implicadas na Formación Profesional galega.
O mundo empresarial apoia a FP, ten confianza nestas ensinanzas. Traballaremos para incrementar a colaboración das empresas na FP, para a formación dos alumnos e dos profesores, así como para promover a innovación das ofertas., sinalou o secretario xeral.
Innovación e sustentabilidade
A rede de centros de excelencia estará encabezada polo novo Centro Galego de Innovación da Formación Profesional en Ourense, que abrirá as súas portas neste ano 2022. Centrado en áreas punteiras como a biotecnoloxía aplicada, a fabricación aditiva ou a enerxía e sustentabilidade ambiental, neste novo espazo educativo desenvolveranse proxecto de innovación de interese para o sistema de FP e para as empresas colaboradoras, así como actividades de formación do profesorado
Precisamente a innovación e a dixitalización é un dos eixes da nova Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030 ,"nun aliñamento estratéxico coas políticas de educación e formación da Unión Europea para potenciar a especialización intelixente e a transición verde e dixital así como, coas diferentes estratexias e plans sectoriais de Galicia en ámbitos tales como o desenvolvemento rural ou a industria, explicou o representante da Consellería de Educación.
A FP en Galicia é unha prioridade estratéxica da política educativa e de formación do Goberno galego. Deste xeito, a nova estratexia está firmemente integrado co Plan Estratéxico de Galicia 2020-2030 e aliñada con outras como a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), a Estratexia Galicia Dixital 2030, ou Axenda da competitividade Galicia - Industria 4.0., destacou o secretario xeral.
Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.