Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

A Xunta comezará en marzo a posta en funcionamento dos caixeiros e dos servizos de asistencia financeira e formación no rural. Estes servizos iranse implantando semana a semana en cada un dos 38 concellos que o solicitaron para achegar unha solución a máis de 51.000 galegas e galegos. Así o anunciou hoxe no Parlamento o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, que subliñou que esta iniciativa non se limita á instalación de caixeiros, senón que busca unha presencialidade física nos concellos a través dos servizos de asistencia e formación, que deben desenvolverse de xeito presencial e con persoal da propia entidade financeira.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pedirá na Conferencia de Presidentes a descentralización dunha parte dos fondos Next Generation para que o Goberno central comparta coas autonomías a responsabilidade da recuperación. Así o puxo de manifesto durante a celebración da gala do 5º aniversario do Foro Empresa Pontevedra. Ao longo da súa intervención, Feijóo expuxo novamente a falta de axilidade no reparto, que fai que máis da metade dos fondos non se traduciran aínda en convocatorias; ademais de lamentar que do total dos fondos que Europa destina a España, o Goberno resérvase 7 de cada 10 euros, 'e a totalidade dos relativos á industria'.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 24.102 deles 5.153 son da área da Coruña, 2.743 da de Lugo, 2.816 da de Ourense, 2.654 da de Pontevedra, 4.928 da área de Vigo, 4.187 da de Santiago e 1.362 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 546 en unidades de hospitalización e 23.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 462.043 persoas curadas, rexistrándose 3.079 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.674.570. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.520.500.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou no acto de sinatura dos catorce primeiros plans de saúde local –Elviña, Os Mallos, Santa Comba, Teo, A Estrada, As Pontes, Caranza, Vilalba, Xinzo de Limia, Castro Caldelas, Cambados, Virxe Peregrina, Sárdoma e Lavadores-, cos que Galicia, dixo, está a marcar o camiño da transformación da atención primaria en España, e se sitúa nunha posición pioneira e de referencia para outras comunidades, ao seren estes plans 'unha panca de cambio para todo o sistema galego de saúde'.
A produción literaria galega destinada ao público máis novo rexistrou en 2021 un incremento con respecto ao ano anterior, ao sumar un total de 157 publicacións de 23 editoriais. Así se anunciou hoxe na presentación do Catálogo 2022 de libros infantís e xuvenís galegos elaborado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, que recolle as publicacións galegas destinadas a este público no último ano. En total, o catálogo recolle 79 libros máis que o ano anterior e participaron nove editoriais máis que en 2021. Desde hoxe o catálogo está presente no marco da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, un encontro no que Galicia conta cun expositor oficial propio
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 25.970 deles 5.507 son da área da Coruña, 2.921 da de Lugo, 3.001 da de Ourense, 2.877 da de Pontevedra, 5.408 da área de Vigo, 4.536 da de Santiago e 1.440 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 567 en unidades de hospitalización e 25.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 458.468 persoas curadas, rexistrándose 3.075 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.671.626. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.518.975.
O novo plan divídese en dous fondos: un financiamento non condicionado, é dicir, fondos de libre disposición para os campus, como por exemplo, para gasto corrente e mantemento de infraestruturas; ou para o plan de viabilidade financeira, eficiencia e mellora enerxética. E un financiamento da investigación para impulsar a I+d+i, cun 41% máis de investimentos, ata chegar aos 400 millóns de euros no quinquenio. Cun plan de financiamento a medio prazo, a Comunidade é pioneira en dar estabilidade e certezas ás universidades, como o é tamén na conxelación das taxas de matrícula desde o curso 2011-2012.
O director do Igape, Fernando Guldrís, salientou os rexistros históricos que veñen de acadar as exportacións galegas, pechando o 2021 como o mellor ano desde que hai rexistros ao superar a barreira dos 25.000 millóns de euros. En concreto, as vendas ao exterior de Galicia acadaron os 25.269,6 millóns, un 21,1% máis que no 2020, e tamén por riba do 12% con respecto ao 2019, último ano antes da pandemia. 'O noso tecido empresarial demostra, unha vez máis, a súa capacidade de adaptación e de mellora, tamén en épocas complicadas. E faino superando por quinto ano consecutivo a barreira dos 20.000 millóns'.
O Sergas presentou o novo protocolo para o réxime de visitas e acompañamento nos centros sanitarios galegos, adaptándoo á situación epidemiolóxica actual. A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria lembra que continúan en vigor medidas e limitacións como respectar os aforos establecidos nas habitacións e outros espazos dos hospitais, ter Certificado covid, e o uso continuo da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Os acompañantes de pacientes con infección por covid-19 deberán facer uso do equipamento EPI para coronavirus.
Alberto Núñez Feijóo afirmou hoxe que o gasto extraordinario nestes dous anos de pandemia superou os 1.500 millóns de euros, segundo un informe presentado hoxe no Consello da Xunta. No ano 2021 a covid-19 supuxo un gasto extraordinario para a Xunta de 901,7 M€, e os maiores reforzos centráronse en todo o referido cos gastos correntes. Foron, en concreto, 662 millóns de euros, 141 M€ máis que no ano 2020. O titular do Goberno galego tamén puxo en valor que no 2021 a Xunta aprobou uns orzamentos co triplo obxectivo de combater a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades das familias e sectores máis afectados pola crise.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (158)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES