
Neste punto, avanzou que, ao longo deste 2022, aprobaranse outros 28 ata acadar un total de 42 cunha previsión de seis por área sanitaria-.
Un plan de saúde local é un documento estratéxico e de xestión vivo, aberto e participativo, que se presenta como a mellor radiografía da saúde da poboación de referencia e a mellor guía para planificar toda acción que poida mellorar a calidade de vida do paciente.
Así, García Comesaña remarcou que estes plans marcan a diferenza con calquera outro plan previo en que teñen perfectamente identificadas as necesidades e perfectamente definidas as solucións a adoptar nos vindeiros catro anos en cada servizo de atención primaria: Son catorce plans diferentes para catorce realidades diferentes. Para o conselleiro de Sanidade, a singularidade radica, ademais, en que foron ideados e elaborados polos propios profesionais de cada centro, os que máis e mellor coñecen as demandas de atención de pacientes e do seu servizo de atención primaria.
Asemade, neles recóllese un compendio de accións e medidas concretas co fin de acadar uns obxectivos adaptados á realidade de cada servizo de atención primaria. Neste punto, avanzou que a consellería de Sanidade, en función do nivel de cumprimento dos obxectivos fixados, recoñecerá, cada ano, o mellor servizo de atención primaria de Galicia.
Traballo, dedicación e responsabilidade
García Comesaña destacou o traballo, a dedicación e a responsabilidade de todos os actores implicación na elaboración de cada un destes plans; fundamentalmente, dos profesionais sanitarios dos servizos de atención primaria, xa que todo este labor coincidiu cos peores momentos da pandemia.
Un traballo, tal e como incidiu, de gran valor, xa que o ser este nivel asistencial o máis achegado ao cidadán permite coñecer mellor a súas demandas e adaptar o servizo ás súas necesidades sanitarias.
Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde
Ao abeiro do documento Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde, os plans de saúde local son ferramentas específicas e individualizadas coas que dotar dunha maior capacidade de autoxestión aos centros, impulsar a figura dos xefes e coordinadores dos servizos e posibilitar a xestión a nivel local os recursos humanos, entre outros.
Todos comparten en común uns principios básicos que afondan nunha atención integral e integradora, centrada na persoa; que potencia a visión familiar e comunitaria, que garante a accesibilidade, continuidade e coordinación nos coidados, que estea baseada na promoción, prevención e proactividade, que permita novas asignacións entre os profesionais e que asegure un liderado compartido.
Nesta mesma liña, fixo fincapé nas medidas que Galicia xa leva implantadas na atención primaria e que van na liña de converter a este nivel asistencial na columna vertebral de todo o servizo galego de saúde. Así, referiuse á aposta polo modelo mixto de atención, á integración de servizos de atención primaria e a hospitalaria, ás novas axendas de calidade para todas as categorías profesionais, á aprobación de carteiras de servizo, á renovación integral da infraestrutura tecnolóxica ou á implantación de programas como XIDE ou CRM100.
Salientou, ademais, as solucións adoptadas para poder contar con máis recursos no relativo ao persoal sanitario: creación de máis de 300 novas prazas desde 2019, novas categorías especialistas para facultativos e persoal de enfermería, a posta en marcha do contrato de continuidade ou o incremento das funcións dos técnicos de saúde.
Con todo, finalizou subliñando a sinatura destes catorce primeiros plans de saúde local como unha medida máis que Galicia pon en marcha para fortalecer a atención primaria, facéndoa máis eficiente e máis proactiva
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.