Archivo (1 del 2022)

Buscador

Noticias

Galicia recibe do actual modelo de financiamento 800 millóns de euros anuais menos do que lle custa á Xunta de Galicia financiar a sanidade, a educación e as políticas sociais. Así o explicou esta mañá o conselleiro de Facenda e Administración Pública nunha rolda de prensa na que avanzou as alegacións de Galicia á proposta de poboación axustada elaborada polo Ministerio de Hacienda –que só é un elemento concreto do sistema de financiamento- e que serán remitidas hoxe ao Ministerio.
A conselleira do Mar mantivo un encontro co representante permanente da Unión Europea na Organización Mundial de Comercio, Joao Aguiar, no que lle trasladou a preocupación de Galicia ante o impacto que poden ter no sector pesqueiro as distintas propostas da OMC e da Comisión Europea para eliminar ou reducir as bonificacións aos combustibles da frota, e entregoulle un informe que di que isto provocaría que boa parte da frota galega deixase de ser rendible.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 62.867 deles 13.850 son da área da Coruña, 6.394 da de Lugo, 6.271 da de Ourense, 6.982 da de Pontevedra, 16.370 da área de Vigo, 9.987 da de Santiago e 3.013 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 642 en unidades de hospitalización e 62.181 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 354.097 persoas curadas, rexistrándose 2.932 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.557.220. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.409.309.
Galicia rexistrou en 2021 a porcentaxe máis baixa de abandono escolar da súa historia, un 8,1%, un descenso de case catro puntos respecto do datos de 2020 (12%), a maior baixada interanual en Galicia desde que existen rexistros. Este dato sitúa ao sistema educativo galego a máis de cinco puntos da media estatal, que é do 13,3%, a primeira vez nunha década que se produce un diferencia desta envergadura co dato español. Isto coloca á nosa Comunidade por primeira vez entre as tres que máis éxito escolar teñen, só por detrás do País Vasco (cun abandono do 4,8%) e de Cantabria (6,4%). Só estas tres CCAA e Navarra (9,1%) están por debaixo da media que a UE marcou como meta para o ano 2020 (9,9%).
A Xunta de Galicia inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición en homenaxe a Reimundo Patiño neste 2022 polo Día da Ilustración. Ata o 10 de maio, poderá visitarse no Gaiás a mostra que fai un percorrido polas facetas do autor e pintor coruñés, con especial fincapé na banda deseñada, eido no que é considerado un dos pioneiros en Galicia. A exposición, que conta con ao redor de 40 pezas entre distintas reproducións e exemplares relacionados coa súa obra, está artellada en seis seccións, enfocadas no traballo do artista no ámbito da ilustración, da pintura, da literatura e da banda deseñada.
As vítimas de agresión sexual contarán con catro centros de referencia, un por provincia, onde poderán recibir atención as 24 horas do día. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, adiantou no pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que a Xunta está a elaborar un estudo diagnóstico cara á implantación e localización destes puntos -un por provincia- que situarán a Galicia na cabeza da loita contra a violencia sexual.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da aprobación por parte da Xunta dos trámites necesarios para que o Goberno central aboe a Galicia os cartos da sentenza do IVE correspondente a decembro de 2017. Isto prodúcese logo de que o Tribunal Supremo dese a razón á Xunta en abril de 2021 e acreditase que o Goberno central vulnerou o dereito á autonomía financeira de Galicia, orixinando un quebranto económico á facenda autonómica e un enriquecemento indebido para o Estado.
O prazo de solicitude para participar nas catro novas lanzadeiras Conecta Emprego da Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo permanecerá aberto ata o próximo 14 de febreiro. A iniciativa, dirixida a persoas en situación de desemprego pretende axudar á inserción laboral de 120 galegas e galegos na presente convocatoria. A Xunta colabora no impulso das lanzadeiras coa Fundación Santa María a Real e a Fundación Telefónica. Estas plataformas destacan pola súa metodoloxía avanzada, moderna e cooperativa.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 66.364 deles 14.402 son da área da Coruña, 6.710 da de Lugo, 6.813 da de Ourense, 7.627 da de Pontevedra, 17.313 da área de Vigo, 10.289 da de Santiago e 3.210 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 597 en unidades de hospitalización e 65.719 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 329.880 persoas curadas, rexistrándose 2.902 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.531.043. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.344.959.
Os hoteis galegos rexistraron en decembro algo máis de 200 mil viaxeiros aloxados e de 390.000 noites, cifra que triplica o mesmo dato de 2020, segundo os datos achegados polo INE no informe da Conxuntura Turística Hoteleira de decembro publicada hoxe. Esta recuperación confirma o avance na recuperación turística de Galicia e supón tamén que no acumulado do ano pasado Galicia superara en case o 90% as cifras de viaxeiros que se aloxaron nos hoteis galegos en 2020, o que nos sitúa como a segunda comunidade autónoma con mellor ritmo de recuperación respecto ao 2020, só por detrás de Baleares no caso do volume de viaxeiros e só por detrás de Baleares e Cataluña no caso da demanda turística.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES