Noticias

Galicia rexistra un total de 66.364 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 66.364 deles 14.402 son da área da Coruña, 6.710 da de Lugo, 6.813 da de Ourense, 7.627 da de Pontevedra, 17.313 da área de Vigo, 10.289 da de Santiago e 3.210 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 597 en unidades de hospitalización e 65.719 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 329.880 persoas curadas, rexistrándose 2.902 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.531.043. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.344.959.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores e, tamén, no exterior.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

R., 2022-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) vén de poñer en marcha un novo laboratorio de investigación en cuántica, que reforza as capacidades de Galicia en tecnoloxías cuánticas e completa a oferta de infraestruturas científico-tecnolóxicas do ecosistema de I+G+i. A posta en marcha deste novo laboratorio sitúa a Galicia nunha posición aínda máis competitiva neste ámbito e permite abordar de maneira integral a investigación, a experimentación, o desenvolvemento de aplicacións e a súa transferencia ao tecido produtivo.
Foto de la tercera plana (emprego-industrial.jpg) Galicia rexistra en xuño con 1.123.034 cotizantes o máximo de afiliacións á Seguridade Social e con 105.768 persoas paradas o nivel de desemprego máis baixo de toda a serie histórica. No caso das afiliacións, soben tanto na comparativa anual como na mensual. Hai preto de 20.400 afiliacións máis que hai un ano e case 11.200 cotizantes máis que hai un mes, sendo na comparativa mensual o ritmo de subida maior ao estatal. En relación co paro, cae tanto na comparativa anual , cunha redución do -1,39 % como na mensual, neste caso un -3,28 %.

Notas

Só o 13,2 % das empresas en Galicia dispón dunha política formal de xestión do risco, unha cifra que mesmo descende respecto á rexistrada hai cinco anos (16,7 %). É unha das principais conclusións do estudo 'La gestión del riesgo en el sector empresarial gallego' promovido por Fundación Inade e elaborado polo Centro de investigación ECOBAS cuxos resultados se presentaron no marco da primeira edición de RISKGALICIA.
Os coidados informais en Galicia equivalen a 491,35 millóns de horas anuais e o seu valor monetario sitúase en arredor de 5500 millóns de euros ao ano. Estes son algúns dos datos recollidos no estudo El Derecho al Cuidado y la Economía de los Cuidados en España. O documento, realizado no marco do proxecto Iberlongeva coa participación da Universidade de Vigo, foi presentado este xoves no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES