Archivo (1 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 67.350 deles 14.415 son da área da Coruña, 6.871 da de Lugo, 7.045 da de Ourense, 7.920 da de Pontevedra, 17.578 da área de Vigo, 10.288 da de Santiago e 3.233 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 588 en unidades de hospitalización e 66.712 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 315.869 persoas curadas, rexistrándose 2.893 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.515.011. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.308.556.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou o primeiro encontro virtual do 2022 do ciclo "FGE | Next Generation Galicia", o punto de encontro mensual establecido pola Fundación Galicia Europa entre a Xunta e a Comisión Europea que, nesta ocasión, estivo dedicado a abordar a Estratexia de mobilidade sostible e intelixente da UE, así como o conxunto de propostas lexislativas enmarcadas na mesma. Durante a súa intervención, o director recordou que o sector do transporte supón o segundo motivo de gasto para os fogares europeos, e que no caso de Galicia, supón un 13,5% do seu PIB e dá emprego a máis de 40. 000 persoas en sectores como o da automoción.
As farmacias galegas poderán subministrar os sistemas personalizados de dosificación de medicamentos aos pacientes no primeiro trimestre deste ano. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha xornada organizada pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico. Esta é unha das demandas máis reiteradas polos pacientes e os profesionais de farmacia, xa que supón mellorar o seguimento e adherencia ao tratamento. Coa Lei de ordenación farmacéutica de Galicia, simplifícase ao máximo o procedemento administrativo, ao permitir ás oficinas de farmacia prestar este servizo mediante unha declaración responsable.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 71.376 deles 15.114 son da área da Coruña, 7.266 da de Lugo, 7.350 da de Ourense, 8.508 da de Pontevedra, 18.876 da área de Vigo, 10.811 da de Santiago e 3.451 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 582 en unidades de hospitalización e 70.747 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 307.012 persoas curadas, rexistrándose 2.881 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.510.328. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.291.596.
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, ofrece todos os luns ás 20,00 horas, a partir do 24 de xaneiro e ata o 7 de marzo, accións escénicas improvisadas para promocionar A peste, a súa nova produción. Trátase do programa ImproVersións, un proxecto dirixido por Antón Coucheiro co que se representará un espectáculo diferente cada semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela. As pezas inspiraranse na temática e na atmosfera de A peste, así como nas suxestións do público, para realizar variantes libres e aloucadas arredor do clásico de Albert Camus. Ademais, utilizaranse a escenografía, o atrezzo e a iluminación da montaxe que vén de estrear o CDG con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó.
O Servizo Galego de Saúde acadou, o pasado ano, unha cifra de 112 doazóns de órganos e realizou 298 transplantes de órganos nos seus hospitais, uns datos moi destacables tendo en conta a actual situación de pandemia. Do total de transplantes, 140 foron de ril, dos cales 25 procedían de doante vivo; 85 de fígado; 1 de páncreas; 24 de corazón e 48 de pulmón. A cifra de transplantes de pulmón foi a segunda máis alta en Galicia desde o comezo do programa no ano 1999, cunha taxa de 17’8, o que supera en dez puntos a media nacional. Desde que se realizou o primeiro transplante de órganos no ano 1981 ata o 31 de decembro de 2021 fixéronse en Galicia 8.921 transplantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 78.692 deles 16.187 son da área da Coruña, 8.049 da de Lugo, 8.242 da de Ourense, 9.260 da de Pontevedra, 20.899 da área de Vigo, 12.095 da de Santiago e 3.960 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 507 en unidades de hospitalización e 78.132 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 283.323 persoas curadas, rexistrándose 2.868 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.492.808. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.209.965.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, acordaron que a Xunta e o Goberno central xestionen conxuntamente o Ingreso Mínimo Vital (IMV). Trátase dunha fórmula que xa se emprega coas pensións non contributivas, nas que os fondos proveñen da Administración Xeral do Estado e a tramitación e pagamento aos beneficiarios depende da comunidade autónoma. 'Galicia xestiona 37.000 pensións non contributivas, polo que pensamos que o Ingreso Mínimo Vital debería funcionar dunha forma parecida, é dicir, a través dunha xanela única para todos os cidadáns', explicou Feijóo.
Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022. Todos os centros participantes están integrados no Plan de Mellora Bibliotecas Escolares e solicitaron participar neste novo programa, cuxo obxectivo é estimular o desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, destinadas ao conxunto da comunidade educativa ou pensadas para a formación e a participación en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.
Os trens turísticos consolídanse como unha opción para descubrir Galicia e neste ano poranse en marcha coa previsión de recuperar o número de viaxes e a ocupación anterior á covid. Así, a través de 13 itinerarios atravesaranse faros, pazos, xardíns históricos, mosteiros, a ruta da lamprea, os Camiños de Santiago e as zonas das 5 denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia. Como novidade, incorporaranse a Ruta das Mariñas por Betanzos, Pontedeume, Cabanas e Ferrol e a Ruta dos Queixos entre A Coruña e Teixeiro. A iniciativa demostrou ser unha das experiencias máis seguras con rigorosos protocolos anticovid para xerar confianza nos viaxeiros.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES