Buscador
Noticias
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.022 deles 2.083 son da área da Coruña, 1.437 da de Lugo, 672 da de Ourense, 557 da de Pontevedra, 1.391 da área de Vigo, 1.317 da de Santiago e 565 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 7.798 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 167.938 persoas curadas, rexistrándose 2.566 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.741.333. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.059.650.
Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiron a reunión do Consello Escolar de Galicia, ao que informaron de que o sistema educativo vai contar este curso 2021/22 con todos os recursos humanos e materiais e as medidas necesarias para blindar a seguridade sanitaria dos centros educativos, ao tempo que a calidade e a equidade do ensino. Os centros dispoñen do protocolo para organizarse desde o pasado 9 de xullo e a incorporación dos 1.250 profesores de reforzo do Plan Recupera materializarase no mes de setembro, unha vez se resolvan as solicitudes realizadas polos centros para participar neste programa de recuperación.
A Biblioteca de Galicia reinicia en setembro a programación coa que celebra o seu décimo aniversario. Esta semana volve poñer en marcha o ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros, deseñado co obxectivo de que algunhas das nosas voces narradoras máis representativas compartan co público as súas suxestións literarias. A primeira cita será este venres 3 ás 19,00 horas coa autora Final Casalderrey. De novo na compaña doutras persoas relevantes da nosa cultura, as autoras e autores que participarán nestas novas sesións seleccionarán un título da nosa literatura que servirá de fío condutor dunhas conversas únicas e persoais.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.284 deles 2.530 son da área da Coruña, 1.422 da de Lugo, 707 da de Ourense, 731 da de Pontevedra, 1.943 da área de Vigo, 1.291 da de Santiago e 660 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 9.010 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 165.271 persoas curadas, rexistrándose 2.553 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.722.274. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.011.284.
A economía galega creceu no segundo trimestre do ano un 17,5%, o que supón o mellor rexistro da serie histórica, polo que a taxa interanual volve a ser positiva por primeira vez desde o inicio da pandemia da Covid-19. En canto á taxa intertrimestral, o PIB galego medrou un 3% entre abril e xuño, dúas décimas máis que a media de España. Así o reflicten os datos da contabilidade trimestral que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.486 deles 2.609 son da área da Coruña, 1.377 da de Lugo, 688da de Ourense, 795 da de Pontevedra, 2.073 da área de Vigo, 1.248 da de Santiago e 696 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 59 están en UCI, 215 en unidades de hospitalización e 9.212 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 164.551 persoas curadas, rexistrándose 2.552 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.717.815. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.984.140.
Vén de resolverse a XXII edición do Premio Elías Valiña, o galardón co que distingue o labor revitalizador dos valores do Camiño de Santiago. Como se publica no Diario Oficial de Galicia, este ano recae de xeito conxunto nas Asociacións de Amigos del Camino de Santiago en Ávila e na de Hungría. Ademais, o xurado decidiu recoñecer a título póstumo ao médico e antropólogo compostelán José Carro Otero, falecido recentemente, cunha mención especial pola súa contribución á divulgación e investigación da Ruta Xacobea.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou en Madrid na Conferencia Sectorial convocada polo Ministerio de Educación e FP para abordar o protocolo do curso que está a piques de comezar. Á súa saída do encontro, o representante da Xunta destacou que Galicia está preparada e iniciará o novo curso con todas as medidas de seguridade necesarias e máis certezas, grazas á vacinación e á experiencia adquirida no pasado ano académico 2020/21.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.780 deles 2.793 son da área da Coruña, 1.342 da de Lugo, 694 da de Ourense, 828 da de Pontevedra, 2.180 da área de Vigo, 1.223 da de Santiago e 720 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 222 en unidades de hospitalización e 9.503 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 163.721 persoas curadas, rexistrándose 2.550 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.712.487. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.950.994.
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 3 ao 4 de setembro a celebración do encontro Mulleres e Cultura Urbana, un evento impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector. Esta segunda edición quere consolidar a iniciativa e convertela en referente iberoamericano na promoción da cultura urbana como patrimonio cultural contemporáneo desde unha perspectiva anovadora. Con ese obxectivo, desenvolve dúas xornadas de análise, exhibición e creación artística colectiva en clave de xénero arredor da cultura urbana galega.