
Ademais, tal e como explicou o titular de Educación, o Goberno galego analizará unha vez se peche a matrícula, tras os exames extraordinarios de setembro a matrícula en ESO, Bacharelato e FP para realizar os desdobres que sexan pertinentes en base á nova distancia marcada polo Goberno central (1,2 metros) e ao incremento de oferta en ciclos formativos. De feito, en Formación Profesional houbo xa en xuño un incremento do 9,5% no número de solicitudes presentadas, o que vai facer preciso incrementar o persoal.
O sistema educativo galego vai contar con máis profesorado que antes da pandemia, pese que a matrícula en Infantil e Primaria se reduciu en dous cursos en 6.000 alumnos, explicou Román Rodríguez tras a celebración do Consello Escolar. Ademais do reforzo en etapas como a FP -cun ascenso constante nos últimos anos-, avanzou tamén que se traballa en novos programas educativos que precisarán novos profesionais.
Como explicou, isto permitirá consolidar un sistema educativo líder, que na última década reduciu o abandono escolar á metade (do 25,8% en 2009 ao 12% actual) e colocarse nas primeiras posicións no informe PISA, por encima da medida española e de Europa. Deste xeito, ademais, Galicia continuará sendo xunto con Estremadura a comunidade coa mellor ratio alumno/profesor de España (9,2 fronte á media estatal de 11,3).
Éxito da vacinación entre a mocidade
Os conselleiros informaron do bo avance da vacinación na poboación galega entre 12 e 16, de tal forma que Galicia lidera entre as CCAA a vacinación a poboación de 12 a 19 anos, cun 82,4% de primeiras doses, que se sigue ampliando con 6.000 novas citas entre hoxe e mañá. Deste xeito, a previsión é que o alumnado destas idades teña a pauta completa na primeira semana do curso escolar. Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta reiterou que o Goberno galego trasladou a semana pasada á ministra de Educación que os protocolos e medidas sanitarias se revisen ao longo do curso escolar en base á evolución da vacinación e da situación sanitaria, toda vez que o escenario desde o que se parte este curso é completamente diferente ao de setembro de 2020.
Román Rodríguez incidiu tamén na necesidade de que o 2021/22 sexa un curso de transición, no que o sistema educativo vai avanzando, sen baixar a garda en ningún momento, cara a normalidade. Recuperar espazos como as bibliotecas, que o ano pasado tivemos que sacrificar en moitos casos para converter en aulas que nos permitisen acadar a presencialidade en todas as etapas, e outros pasos cara á recuperación da vida cotiá nos centros van contribuír moi positivamente a superar o impacto que a pandemia deixou na vida escolar dos rapaces, dixo o conselleiro, engadindo que estes pequenos cambios van ser moi favorables tamén para o benestar emocional do conxunto da comunidade.
Rolda de contactos en marcha
A reunión do Consello Escolar de Galicia enmárcase na rolda de contactos que está a realizar a Xunta de Galicia cos axentes implicados no sistema educativo para informalos dos detalles do curso escolar que vai comezar e para o que, tal e como explicou Román Rodríguez, Galicia xa está preparada. Ambos conselleiros agradeceron de novo ao conxunto da comunidade educativa o seu comportamento exemplar ao longo do curso pasado, grazas ao que os colexios e institutos foron lugares seguros fronte á covid.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.