Archivo (4 del 2021)

Buscador

Noticias

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, anunciou na Comisión 7ª do Parlamento que a partir do vindeiro verán poderá atoparse no mercado produto amparado co selo da Artesanía alimentaria. Isto suporá diferentes vantaxes para os produtores, como un aval que garantirá a calidade das súas producións ou beneficiarse de campañas de promoción. O responsable da Agacal sinalou que a regulación da Artesanía alimentaria vai abrir novas oportunidades ás empresas agroalimentarias galegas, como tamén o vai facer a futura lei de calidade alimentaria galega.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.439, deles 602 son da área da Coruña, 176 da de Lugo, 205 da de Ourense, 375 da de Pontevedra, 625 da área de Vigo, 363 da de Santiago e 93 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 157 en unidades de hospitalización e 2.257 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.466 persoas curadas, rexistrándose 2.371 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.936.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 803.291.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas co toque de queda, as residencias de maiores e a hostalería. Logo de precisar que todas as decisións acordadas entrarán en vigor a partir deste venres 16 de abril, Feijóo confirmou que Galicia seguirá apostando por unha apertura “progresiva, puntual e proporcional”, tendo a prudencia como máxima.
O festival Bal y Gay 2021 comezará no mes de maio co ciclo Schubert no Camiño asociado á Ruta Xacobea e en colaboración coa Schubertiada de Vilabetrán. Nesta primeira entrega levaranse a cabo tres concertos en tres etapas do Camiño do Norte. A primeira destas citas será o 14 de maio e correrá a cargo da pianista Judith Jáuregui, na Basílica de San Martiño (Foz). Na xornada do día 14 actuarán Cuarteto Cosmos e o violonchelista Fernando Arias na igrexa de Santa María, en Vilanova de Lourenzá. O último concerto será o día 16 na Catedral de Mondoñedo co tenor Christoph Prégardien e o pianista Daniel Heide.
Grande éxito da iniciativa #QuedamosenGalicia tras esgotarse as tarxetas do bono turístico en cuestión de horas. Os galegos apuraron as súas solicitudes nada máis abrir o prazo, á medianoite, e 12 horas despois xa estaban expendidas as tarxetas dispoñibles nesta iniciativa posta en marcha para impulsar o turismo interno e axudar ao sector hostaleiro. O éxito da convocatoria quedou patente no feito de que, nas primeiras horas, rexistráronse na sede electrónica da Xunta unhas 150 peticións cada cinco minutos.
Camiño Creativo celebra este ano a súa primeira edición co obxectivo de promover novos modelos de negocio e xerar riqueza e emprego no sector da creatividade ao tempo que se reactivan os sectores económicos tradicionais. Así mesmo, a iniciativa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, tamén procura favorecer a cohesión social a través do diálogo intercultural, preparar á mocidade para asumir o liderazgo na economía creativa, promover a difusión de coñecemento, a creatividade e espírito emprendedor e impulsar unha educación cultural aberta á sociedade.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu hoxe, a petición propia, no Parlamento de Galicia, para informar sobre a evolución da incidencia da pandemia en Galicia no relativo á situación epidemiolóxica e asistencial e aos avances no Plan galego de vacinación fronte á covid. Tal e como subliñou o conselleiro, grazas á previsión na organización e loxística no desenvolvemento do Plan galego de vacinación, o domingo pasado a Xunta tiña vacinadas 546.630 persoas, o 23,1% da poboación. Esta semana prevense administrar 138.500 vacinas, polo que se remataría cunha estimación de 685.130 vacinas, que sería xa un 29% do total da poboación a vacinar, -remarcou o conselleiro-.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para solicitar desde mañá o bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia que se poderá empregar nas ofertas e paquetes publicados polos establecementos adheridos nesta segunda convocatoria do programa. Así o anunciou hoxe o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na visita ao Noa Boutique Hotel de Oleiros, unha das case 700 empresas que xa se uniron á iniciativa ata agora, o que supón arredor dun 24% máis que na convocatoria do ano pasado, que contou coa participación de 560 empresas. Así, esta nova convocatoria, posta en marcha xunto co Clúster Turismo de Galicia, permitirá mobilizar máis de 6,8 millóns de euros co obxectivo de reactivar o consumo interno mediante o estímulo do consumo e a demanda interna.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao autogoberno galego como a historia dun éxito da España das Autonomías cuxo protagonismo corresponde ao conxunto da sociedade galega. Durante a clausura da xornada conmemorativa do 40 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, Feijóo salientou que fronte a ese modelo estable, no que a unidade dos galegos é un principio sagrado –“e a ruptura social o peor dos pecados que pode cometer un gobernante”-, existe outro que leva a unha crise crónica na que resulta difícil recompoñer os máis mínimos consensos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.316, deles 616 son da área da Coruña, 157 da de Lugo, 186 da de Ourense, 327 da de Pontevedra, 599 da área de Vigo, 355 da de Santiago e 76 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 155 en unidades de hospitalización e 2.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.070 persoas curadas, rexistrándose 2.368 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.918.325. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 732.969.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES