
Así, subliñou que o toque de queda pasará das 22 ás 23 horas, ademais de trasladar a decisión de manter o peche perimetral da Comunidade ante o incremento da incidencia nalgunhas comunidades de España.
En segundo lugar, aseverou que a Administración autonómica continuará coa progresiva apertura das residencias de maiores. Deste xeito, se cada residente podía recibir tan só a visita de dúas persoas de referencia, a partir de agora poderá volver ver a os seus achegados e familiares, sempre de un en un, con cita previa e de acordo aos protocolos establecidos. Ademais, os residentes poderán saír ata tres veces por semana, cunha duración de catro horas por saída.
En relación á hostalería, o presidente da Xunta precisou que se manterá como tope para a apertura dos bares as 21 horas, se ben os locais de restauración poderán servir ceas ata as 23 horas, sempre e cando se cumpran os requisitos que sairán publicados no DOG, entre os que destacan: contar con licencia de restaurante, funcionar con cita previa e conservar un rexistro de clientes, e garantir a calidade do aire mediante o control do CO2 do local.
Por último, e diante do previsible fin do estado de alarma e da posibilidade de que o Goberno central recorra ante o Tribunal Constitucional a lei de xestión da pandemia que aprobou o Parlamento galego, Feijóo manifestou a incerteza que xera este escenario para seguir xestionando con rigor e con seguridade xurídica.
Non é de recibo. Estamos moi sorprendidos con esta situación, abundou, afirmando que o Goberno galego seguirá traballando en base a aperturas graduais e medidas e apostando pola vacinación.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.