Noticias

A Xunta estima ter vacinado a preto do 30% da poboación ao remate desta semana

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu hoxe, a petición propia, no Parlamento de Galicia, para informar sobre a evolución da incidencia da pandemia en Galicia no relativo á situación epidemiolóxica e asistencial e aos avances no Plan galego de vacinación fronte á covid. Tal e como subliñou o conselleiro, grazas á previsión na organización e loxística no desenvolvemento do Plan galego de vacinación, o domingo pasado a Xunta tiña vacinadas 546.630 persoas, o 23,1% da poboación. Esta semana prevense administrar 138.500 vacinas, polo que se remataría cunha estimación de 685.130 vacinas, que sería xa un 29% do total da poboación a vacinar, -remarcou o conselleiro-.

Na súa intervención, García Comesaña destacou que Galicia ten unha porcentaxe de vacinación de doses administradas do 93,2%, o que a sitúa na segunda comunidade do Estado neste apartado.

Anunciou o comezou da vacinación de persoas con moi alto risco, ao que irán destinadas 35.000 doses de Moderna, e sinalou que, da vacina de Janssen, está previsto que se reciban mañá 8.500 doses. Estas últimas, destinaranse á vacinación nos domicilios. De AstraZeneca está prevista a chegada de 7.500 vacinas, que permitirá levar a cabo unha vacinación masiva de 15.000 persoas do grupo de 60 a 65 anos, a vindeira fin de semana.

Iniciouse, -dixo tamén-, a vacinación a domicilio dos grandes dependentes e dos maiores de 80 anos que non puideron achegarse aos centros de saúde. Paralelamente, séguense a vacinar aos grupos de idade de 75 a 79 e aos de 60 a 69. Neste apartado, o conselleiro remarcou que, no grupo de persoas maiores de 80 anos, xa se vacinou ao 92,5%.

O conselleiro remarcou que, o seu departamento, ten previsto que todas as áreas sanitarias teñan organizados as quendas de enfermería cunha programación semanal para que, no caso de recibirse un maior número de viais, se poida convocar unha vacinación masiva o máis axiña posible.

Ademais, tamén anunciou que a Xunta vai poñer, proximamente, a disposición da cidadanía, unha páxina web na que se poidan consultar todos os datos referidos ao proceso de vacinación, incluídas as campañas en marcha e os grupos de idade aos que afecta.

Probas PCR a disposición da cidadanía

O responsable da sanidade pública galega dixo que o seu departamento ten un novo obxectivo “que é poñer unha proba PCR a disposición da cidadanía sempre que o precisen”. A tal efecto, “renovamos o convenio co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e continuaremos co desenvolvemento do asinado co da Coruña, xa iniciado, e temos intención de continuar con Lugo e Ourense”. Deste xeito, “os cidadáns poderán ter unha proba PCR de saliva á súa disposición se a precisan, e os resultados que obterán contarán con todas as garantías do sistema de saúde galego”. Dende a posta en marcha destes convenios, realizáronse 41.332 probas, das que 79 resultaron positivas.

García Comesaña agradeceu o esforzo que ten feito toda a cidadanía galega no cumprimento das medidas de prevención, “que posibilita que se poda seguir a falar de datos estables en Galicia con respecto á evolución da pandemia”. Tamén volveu agradecer o traballo dos sanitarios e dos membros do comité clínico.

O conselleiro remarcou, como unha das cifras máis importantes, o feito de que Galicia sexa a comunidade da península con menor taxa de mortalidade desde o comezo da pandemia, 85,2 por cada 100.000 habitantes.

Incidiu, asi mesmo, no importante esforzo diágnostico que se está a levar a cabo, sinalando que, entre o 2 e o 8 de abril, realizáronse 48.000 probas diagnósticas, e, entre o 6 e o 9 de abril, cribáronse a un total de 35.139 persoas nos concellos con maior incidencia, ademais de ter citado, para esta semana en curso, a máis de 47.000 cidadáns.

García Comesaña volveu pedir de novo á poboación que acuda cando sexan chamados aos cribados, por responsabilidade social.

A estas actuacións, o conselleiro engadiu, tamén, a posta en marcha da campaña de reforzo do cumprimento das medidas sanitarias fronte á covid, que realiza o persoal inspector de saúde pública, e que agora vaise ampliar máis aló do mes de abril, data na que estaba previsto que rematara. Dende febreiro, cando se puxo en marcha, realizáronse un total de 11.790 visitas, delas 5.733 a locais de restauración, 3.950 a tendas de alimentación, e 1.647 a instalacións deportivas, entre outras, detectándose 3.233 incumprimentos.

Plan funcional Unidades PostCovid

O conselleiro de Sanidade sinalou que as unidades PostCovid, que vén de poñer en marcha o Sergas para ofrecerlle aos pacientes que teñen superado a enfermidade unha atención específica, xa teñen aprobado o seu plan funcional, e están constituídas e con coordinadores designados nas sete áreas galegas. Esta semana levarase a cabo unha formación telemática dos profesionais de primaria, que se centrará no funcionamento das unidades, dado que este nivel asistencial será unha das portas de entrada destes pacientes.

Así mesmo, García Comesaña adiantou que, antes de que remate este mes, o Consello da Xunta autorizará a convocatoria da cobertura de 120 prazas do Plan de Saúde Mental, para reforzar a atención das consecuencias desta pandemia na poboación.

R., 2021-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos científico, tecnolóxico, empresarial e das políticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas políticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das políticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Foto de la tercera plana (medio_ambiente.jpg) Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste período foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No período 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.

Notas

A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
O proxecto de investigación RESCLIM@TIEMPO que lideran a USC e a Universidade de Granada, no marco da colaboración permanente entre os grupos SEPA-interea da Universidade de Santiago e Eva-EASI da Universidade andaluza, organizan esta semana no Campus compostelán o I Congreso Internacional sobre Respostas Educativas e Sociais á Emerxencia Climática e VI Seminario Internacional RESCLIMA ‘Estamos a tempo? De que estamos a tempo?’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES