Archivo (4 del 2021)

Buscador

Noticias

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou “a situación estable” que está a ter a nosa comunidade no que respecta aos datos da covid, cun lixeiro incremento dos casos activos. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, remarcou que a campaña de vacinación “segue a bo ritmo”, o que marca a chegada de vacinas, e animou á cidadanía a que se vacine e que acudan aos cribados, cando sexan citados polo Servizo Galego de Saúde. Subliñou , así mesmo, a boa nova das residencias, onde xa non hai contaxiados, nin residentes nin traballadores.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de “erro” o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central á Lei de saúde aprobada polo Parlamento galego. “Entendemos que é un erro, desde o punto de vista sanitario e político, porque o lóxico é falar antes de denunciar e non falar coa denuncia xa interposta”, aseverou, apelando ao diálogo para “avanzar nunha solución extraxudicial que devolva o vigor á lei para a xestión na Comunidade”.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia entra na Lista Ramsar, a Listaxe de humidais de importancia internacional. A Xunta de Galicia, polo tanto, celebra que a súa proposta de inclusión acabe de ser ratificada esta mañá por parte do Consello de Ministros na súa reunión semanal. O Parque Nacional cumpre con varios criterios que se fixan para a identificación deste espazo como humidal de importancia internacional, como é o feito de ser un exemplo representativo, raro e único, grazas á extensa rede de furnas mariñas que se localizan nas illas Cíes e Ons.
A Xunta de Galicia vén de realizar un estudo sobre a efectividade e o impacto da vacina fronte á covid, como parte do proceso do Plan de Vacinación fronte ao coronavirus. Os datos analizados abranguen a persoas que a día 27 de decembro, data no que se iniciou o proceso de vacinación, non tiveran ningunha proba diagnóstica positiva. O seguimento dos datos son ata o día 17 de marzo de 2021, considerándose 936.425 resultados de probas diagnósticas e logo de administrarse 349.848 doses vacinais (11.194 de Moderna, 73.666 de AstraZeneca e 264.988 de Pfizer), e recibindo 250.226 persoas, polo menos, a primeira dose, e 99.622 persoas a pauta completa.
Reuniuse o grupo de traballo sobre o brexit creado no marco do Consello Galego de Pesca e no que se definiron as liñas de traballo máis inmediatas na defensa do sector unha vez que o Reino Unido abandonou a Unión Europea. A primeira delas será a elaboración dun informe sobre o impacto económico da posible perda de intercambios de cota cos países máis afectados neste acordo pola entrega do 25% das posibilidades de pesca europeas ao Reino Unido a cambio do acceso a augas británicas durante só cinco anos e medio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.767, deles 677 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 226 da de Ourense, 448 da de Pontevedra, 732 da área de Vigo, 370 da de Santiago e 109 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 166 en unidades de hospitalización e 2.568 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.901 persoas curadas, rexistrándose 2.373 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.963.439. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 866.001.
A Cidade da Cultura de Galicia impulsou unha iniciativa no marco do Día do Libro coa representación de As enxeñosas do Fidalgo, unha narración musicada para cativada da primeira tradución completa ao galego do Quixote, realizada por un equipo de lingüistas dirixido por Valentín Arias, do que formaba parte a súa filla, Xela Arias, homenaxeada coas Letras Galegas 2021. A coñecida contadora Soledad Felloza e a Banda Municipal de Santiago de Compostela foron as encargadas de pórlle voz e música no Xardín do Teatro do Gaiás a extractos da novela máis universal de Cervantes. A narración musicada, ideada para un público familiar, tivo como protagonistas á pastora Marcela, Tareixa Panza, Quitería ou Claudia.
O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a rede xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo destaca a 'excelente saúde financeira' dos concellos fronte á crise provocada pola covid-19 e recomenda ampliar a suspensión das regras fiscais ata 2022. O documento céntrase no estudo das medidas fiscais e orzamentarias que teñen tomado os concellos galegos de maior poboación e as deputacións provinciais polas repercusións económicas e sociais da pandemia.
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e Carballeda de Valdeorras. Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco de Valdeorras, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a activación dun novo programa financeiro, que estará dotado con 30 M€, para achegar apoios financeiros e contribuír así á modernización e á reactivación das empresas dentro do contexto económico actual marcado pola covid-19. En concreto, a liña de transformación incidirá, dixo, no impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade a través da dixitalización e innovación, da mellora de produtos e procesos, do desenvolvemento tecnolóxico, da profesionalización de equipos directivos e da reestruturación societaria.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES