Archivo (4 del 2021)

Buscador

Noticias

A inclusión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas na Lista Ramsar converterá a Galicia na terceira comunidade española cun maior número de humidais distinguidos con este recoñecemento de carácter internacional, concretamente seis. Así o subliñou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou o arquipélago de Cíes acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Tras lembrar que a candidatura do Parque Nacional para entrar na listaxe de humidais de importancia internacional foi ratificada a semana pasada polo Consello de Ministros, a conselleira explicou que, con esta decisión, só Andalucía e Valencia superan a Galicia no ranking estatal de zonas Ramsar, no que ocupa o terceiro posto xunto ao País Vasco.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.015, deles 733 son da área da Coruña, 204 da de Lugo, 257 da de Ourense, 485 da de Pontevedra, 878 da área de Vigo, 341 da de Santiago e 117 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 2.801 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 116.011 persoas curadas, rexistrándose 2.382 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.016.232. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 985.995.
Galicia recupera en febreiro os resultados positivos das súas vendas no exterior que foi acadando nos últimos meses do pasado ano, ao tempo que se incrementa o número das empresas da Comunidade con presenza nos mercados internacionais. Como mostran os últimos datos dispoñibles, as exportacións de febreiro remontan a caída experimentada en xaneiro, cunha suba do 1,4% con respecto ao mesmo mes de 2020, e as empresas galegas que venden produtos fóra ascenden a 3509, o que indica un incremento do 11,4%.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.939, deles 728 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 263 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 823 da área de Vigo, 339 da de Santiago e 110 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 156 en unidades de hospitalización e 2.740 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 115.516 persoas curadas, rexistrándose 2.379 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.991.891. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 952.357.
O obxecto do convenio é contribuír a través de UNRWA España a paliar as consecuencias da actual pandemia de coronavirus no ámbito educativo na Franxa de Gaza, centrándose en contribuír a un programa de educación desenvolto pola entidade, que ten como obxectivo asegurar que os nenos e nenas refuxiadas de Palestina teñan garantido o acceso a unha educación primaria de calidade, aumentando a capacidade do sistema educativo para ofrecer servizos. O programa articúlase a través das 278 escolas que ten UNRWA en Gaza e a contribución galega irá destinada a cubrir salarios de docentes na escola elemental 'Beach' na Franxa de Gaza.
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove, e Vilanova de Arousa.Así mesmo, o subcomité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia, e Ponteareas.
O Consello da Xunta analizou hoxe un informe da Consellería do Mar sobre o seguimento e avaliación da actividade dos oito grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia para o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras entre os anos 2016 e 2020. Este documento reflicte que os proxectos desenvolvidos por estes grupos en Galicia supuxeron unha actividade socioeconómica que permitiu xerar 2.900 empregos directos e indirectos a tempo completo no conxunto da economía galega e supuxo unha contribución ao Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) de máis de 137 millóns de euros, o que representa un 0,22% do total.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.875, deles 699 son da área da Coruña, 211 da de Lugo, 261 da de Ourense, 461 da de Pontevedra, 789 da área de Vigo, 350 da de Santiago e 104 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 163 en unidades de hospitalización e 2.671 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 115.328 persoas curadas, rexistrándose 2.378 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.983.539. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 947.789.
Sae á luz unha nova edición do catálogo Films from Galicia nunha edición dixital interactiva que recolle 63 producións e proxectos de cinema e televisión para a súa promoción nos principais mercados e foros internacionais do sector e cos axentes de vendas e distribuidores como principais destinatarios. Publicada en inglés, a selección de obras das que se ofrece información complementa o vídeo do mesmo título, que foi estreado durante a cerimonia de entrega dos XIX Premios Mestre Mateo e que terá unha versión de duración reducida para ser proxectada nas salas de exhibición cinematográfica de titularidade galega.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.811, deles 681 son da área da Coruña, 207 da de Lugo, 245 da de Ourense, 452 da de Pontevedra, 760 da área de Vigo, 361 da de Santiago e 105 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 162 en unidades de hospitalización e 2.609 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 115.174 persoas curadas, rexistrándose 2.376 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.976.358. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 914.462.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES