Archivo (4 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.113, deles 744 son da área da Coruña, 236 da de Lugo, 271 da de Ourense, 474 da de Pontevedra, 933 da área de Vigo, 358 da de Santiago e 97 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 165 en unidades de hospitalización e 2.899 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 116.671 persoas curadas, rexistrándose 2.388 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.048.319. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.094.821.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha ampliación no orzamento do 2º Plan de Rescate activado o pasado febreiro pola Xunta para aportar liquidez aos autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros e de outra natureza afectados polos peches realizados por criterio sanitario. A Xunta engade 21 millóns de euros ao orzamento do 2º plan de rescate que inicialmente contaba con 75 millóns de euros, o que supón un aumento do 28%. O obxectivo deste incremento no orzamento do 2º plan de rescate é poder chegar, coma xa se fixo co 1º plan, á práctica totalidade das solicitudes que cumpran os requisitos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.122, deles 743 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 264 da de Ourense, 499 da de Pontevedra, 934 da área de Vigo, 358 da de Santiago e 105 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 164 en unidades de hospitalización e 2.911 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 116.453 persoas curadas, rexistrándose 2.386 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.039.736. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.063.350.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta, que o Sergas comezará a remitir aos case 100.000 galegos que superaron a covid-19 hai máis de tres meses un cuestionario sobre as súas secuelas para detectar casos de covid persistente. No tocante á vacinación, o titular do Goberno galego salientou que 'o obxectivo da seguinte semana sería administrar 240.000 doses', facendo fincapé en que 'os obxectivos soamente os podemos cumplir se o numero de vacinas que nos notifican finalmente chegan'.
O ano 2020 deixou en Galicia rexistros históricos en canto á redución do ruído ambiental. As medidas adoptadas fronte á covid durante o estado de alarma tiveron un impacto directo sobre a contaminación acústica ata o punto de que nas estacións máis representativas da Rede de ruído acadáronse valores con diminucións de ata un 50% respecto ao ano anterior. Esta é a principal conclusión do informe anual sobre a situación acústica en Galicia durante 2020 e que acaba de facerse público, coincidindo co Día internacional da concienciación sobre o ruído.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá na súa comparecencia no Parlamento de Galicia, do obxectivo fixado polo Servizo Galego de Saúde, de acadar durante o ano 2021, o 60% de consultas presenciais nos seus centros de Atención Primaria. O titular de Sanidade subliñou que o departamento que dirixe “segue a traballar para acadar unha elevada porcentaxe de presencialidade”, apuntando ademais que, esta modalidade, tamén “se compatibilizará coa atención non presencial”, naqueles casos en que non sexa imprescindible acudir aos centros sanitarios.
A Xunta seguirá reclamando perante o Estado as competencias que Galicia necesita, pero esixirá que as transferencias cheguen acompañadas da financiación necesaria para asumilas e que o Goberno central salde as débedas pendentes coa comunidade autónoma; entre elas, os 204 millóns do IVE do ano 2017. Na súa resposta a unha interpelación no Parlamento de Galicia, o vicepresidente primeiro recordou que o Goberno galego nunca deixou de reclamar as competencias que lle corresponden a Galicia para seguir avanzando no autogoberno sempre dentro do marco establecido pola Constitución española e polo Estatuto de Galicia.
Un home con lentes de pasta preséntanos a Sheyla, que acaba de ser abandonada pola súa parella. Os seus amigos Laura e Fer buscan animala para que aproveite a oportunidade e cumpra o vello desexo de escribir. Convidaran a cear a Guillerme, un poeta capaz de namorar cuns versos, pero a quen non satisfán as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. O escritor desexa algo máis e vai aproveitar que Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren e as súas vidas penden dun fío. Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen ou do director teatral Alfredo Sanzol.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.022, deles 741 son da área da Coruña, 204 da de Lugo, 264 da de Ourense, 458 da de Pontevedra, 894 da área de Vigo, 347 da de Santiago e 114 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 174 en unidades de hospitalización e 2.802 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 116.129 persoas curadas, rexistrándose 2.384 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.023.710. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.002.303.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, criticou hoxe a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denunciou que Galicia tería que recibir 660 millóns de euros máis dos que leva percibidos. E neste sentido, pediu o apoio de todos os grupos parlamentarios da Cámara para demandar que nos recursos vinculados ao Plan Nacional de Recuperación, Transición y Resiliencia “se corrixa esta discriminación a Galicia”.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (161)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES