
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Executivo autonómico vai poñer en marcha 'unha serie de medidas, a curto e medio prazo, para dar certezas e estabilidade ao sector agrícola' en relación co acordo entre a Unión Europea e Mercosur e futura Política Agraria Común (PAC), e lembrou que o tratado pode entrar en vigor de xeito provisional e sen as garantías explícitas no Regulamento de salvagardas. Rueda salientou que a Xunta seguirá insistindo en que é fundamental que calquera tipo de acordo 'garanta que todos os produtos agroalimentarios que entren en Galicia cumpren cos mesmos requisitos que os que se elaboran aquí'.
A norma aprobada hoxe dirixe o manual básico, que figura como anexo do decreto, para ver as distintas formas de 'aplicar o logotipo en todas as súas accións de comunicación audiovisuais, escritas ou plásticas', e obriga á súa utilización ata o 31 de decembro de 2028. A marca do Xacobeo 2027 aplicarase tamén sempre á adquisición, reposición ou reedición de todo elemento divulgativo do evento. O decreto destaca a necesidade de que o Goberno galego e as demais entidades do sector público de Galicia, nas súas relacións de colaboración con outras administracións ou entidades dependentes, esixan sempre que o seu obxecto o permita, que se faga constar a marca do Xacobeo 2027.