Noticias

O Sergas remitirá aos case 100.000 galegos que superaron a covid-19 hai máis de tres meses un cuestionario sobre as súas secuelas para detectar casos de covid persistente

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta, que o Sergas comezará a remitir aos case 100.000 galegos que superaron a covid-19 hai máis de tres meses un cuestionario sobre as súas secuelas para detectar casos de covid persistente. No tocante á vacinación, o titular do Goberno galego salientou que 'o obxectivo da seguinte semana sería administrar 240.000 doses', facendo fincapé en que 'os obxectivos soamente os podemos cumplir se o numero de vacinas que nos notifican finalmente chegan'.

Tras explicar que “son persoas que superaron a enfermidade, pero que seguen tendo algún síntoma ou algunha secuela como dificultade para respirar, perda de olfato, falta de forzas, febre, mareos, perda de peso, perda de cabelo, cambios na voz, trastornos de sono, situacións de ansiedade ou falta de ánimo”, o presidente da Xunta destacou que, unha vez que respondan esa enquisa, “os citaremos en Atención Primaria para coñecer exactamente a intensidade da secuela do covid persistente”.

“Avanzamos, polo tanto, na atención de todos os pacientes que pasaron a covid-19 para intentar mellorar a súa asistencia sanitaria, monitorizar o seu estado de saúde e coñecer mellor esa enfermidade e as súas consecuencias”, aseverou Feijóo.

Campaña de vacinación

No tocante á vacinación, o titular do Goberno galego salientou que “o obxectivo da seguinte semana sería administrar 240.000 doses”, facendo fincapé en que “os obxectivos soamente os podemos cumplir se o numero de vacinas que nos notifican finalmente chegan”

Nesa liña, Feijóo lamentou que esta semana estaba previsto administrar 180.000 doses, pero “non se cumpriron as previsións notificadas polo Ministerio de Sanidade en canto ás vacinas Janssen e nos vamos a quedar en 170.000.”

Agora mesmo estase a levar a cabo unha citación masiva con 15.000 persoas chamadas do grupo de 60 a 65 anos (con AstraZeneca); entre venres e domingo se administrarán 81.000 segundas doses de Pfizer e ao longo de toda a semana tamén se terán administrado outras 30.000 segundas doses de Moderna.

R., 2021-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES