
Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais do Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa e Vilagarcía.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 19 de abril.
Máis de 25.000 persoas chamadas a participar nos cribados poboacionais
A Xunta de Galicia continúa a adoptar medidas para facer fronte a expansión do coronavirus na comunidade galega. Deste xeito, na vindeira fin de semana a máis de 25.000 persoas están chamadas a participar nos cribados que procuran identificar novos casos asintomáticos entre a poboación.
Así, xunto co cribado das máis 10.000 persoas, de entre 20 e 40 anos, que botou a andar pasado o luns na cidade da Coruña, a Dirección Xeral de Saúde Pública convocará nesta fin de semana no Concello de Cambre a outras 3.000 persoas, de entre 40 e 59 anos, para realización de probas diagnósticas. Ademais, 900 veciños e veciñas do Concello de Rois, con idades comprendidas entre 40 e 54 anos, serán chamados á realización de test de antíxenos.
De acordo aos últimos datos epidemiolóxicos, Sanidade acordou citar a preto de 3.600 persoas, de entre 18 e 74 anos, nos concellos dos concellos do Barco, Cualedro e Rubiá; e a 3.100 persoas do concello pontevedrés de Vilanova de Arousa.
No que atinxe a área sanitaria de Vigo, Saúde Pública definiu a realización de probas PCR ao grupo de poboación con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Deste xeito, preto de 4.000 vigueses están chamados a participar nos cribados desta fin de semana.
Por outra banda, na xornada de mañá, na área de sanitaria de Lugo, citaranse a 400 persoas no Concello de Meira; e na área sanitaria de Ferrol, a outras 400 persoas no municipio de Ortigueira.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.