Archivo (11 del 2021)

Buscador

Noticias

A organización de Culturgal desvelou a programación completa da 14ª edición, que terá lugar do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra coa participación de máis de 80 empresas e entidades expositoras e 119 stands. Deste xeito e baixo o lema A cultura que toca, o evento recupera a súa esencia como feira das industrias culturais galegas, para o que volve contar coa implicación da Xunta como principal institución patrocinadora. Culturgal 2021 propón un cento de actividades, entre presentacións, faladoiros, proxeccións cinematográficas, obradoiros, concertos e representacións escénicas, ademais de tres exposicións
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde participa no proxecto TARTAGLIA de creación dunha rede federada de intelixencia artificial para acelerar a investigación sanitaria. O proxecto enmárcase en dentro do Programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, da Axenda España Dixital 2025 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU. O obxectivo principal de TARTAGLIA, que conta cun orzamento total de máis de 7,5 millóns de euros, é facilitar e fomentar a investigación clínica e sanitaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.975 deles 383 son da área da Coruña, 200 da de Lugo, 490 da de Ourense, 170 da de Pontevedra, 430 da área de Vigo, 182 da de Santiago e 120 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 47 en unidades de hospitalización e 1.916 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.785 persoas curadas, rexistrándose 2.661 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.944.916. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.624.337.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta que se activará a segunda emisión de bonos sostibles por importe de 500 M€ para sufragar investimentos ligados á economía verde e á axenda 2030. 'Súmase á primeira que activamos en setembro do ano pasado por outros 500 M€', recordou. Nesa liña, o presidente da Xunta explicou que Galicia é unha das cinco comunidades españolas que realizan emisións destes bonos, xunto con Madrid, Andalucía, Navarra e o País Vasco.
O Centro Dramático Galego cruzará por primeira vez o Atlántico para representar a produción 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, en Uruguai e Arxentina. Deste xeito, a unidade teatral da Xunta levará esta adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega a Montevideo e Bos Aires, os días 1 e 2 de decembro. Nas funcións, que terán lugar o día 1 no auditorio Nelly Goitiño-Sala Héctor Tosar de Montevideo ás 18,00 e 21,00 horas, e o día 2 no Teatro Astral de Bos Aires ás 20,00 horas, o equipo da montaxe estará acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director do CDG, Fran Núñez.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.749 deles 367 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 412 da de Ourense, 156 da de Pontevedra, 360 da área de Vigo, 167 da de Santiago e 117 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 42 en unidades de hospitalización e 1.695 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.716 persoas curadas, rexistrándose 2.661 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.941.690. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.616.466.
O proxecto ‘Early molecular nanoDIAGnostics of Brain tumors using ImmunePET (DIAGBI)’, que coordina un equipo investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da USC, foi unha das propostas seleccionadas na convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación que promove a colaboración público-privada para dar resposta a desafíos estratéxicos. DIAGBI ten como obxectivo desenvolver unha nova tecnoloxía que permita o diagnóstico temperán e o seguimento non invasivo dos tumores cerebrais máis agresivos e con menor esperanza de vida para os doentes, como son os glioblastomas.
Galicia recibirá só o 0,5% dos 4.000 millóns do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para reforzar a conectividade e destinaranse a catro actuacións definidas polo Estado para todas as comunidades autónomas. O reparto de fondos publicouse hoxe no Boletín Oficial do Estado en catro reais decretos para a concesión directa ás comunidades autónomas das axudas para a para a conectividade dixital no marco deste plan. Segundo recolle o BOE o Estado destinará ás comunidades só un 9% dos máis de 4.000 millóns de euros do Plan. Ademais de tratarse dun importe mínimo, hai que ter en conta que estes fondos só se poderán empregar para a posta en marcha das actuacións xa predefinidas polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
O Servizo Galego de Saúde vén de posicionar á Galicia como a segunda comunidade autónoma con mellores datos de lista de agarda para acceder a unha intervención cirúrxica en todo o sistema sanitario español, só por detrás do País Vasco. Segundo o último informe emitido polo Sistema de Información sobre Listas de Espera do Sistema Nacional de Saúde, durante o primeiro semestre do ano 2021, a comunidade galega contou cunha media de 70 días de agarda para operarse, situándose 51 días por debaixo da media nacional.
A Xunta de Galicia anima a todas as nenas e nenos da Comunidade a compartir as súas opinións, ideas e inquedanzas sobre aqueles asuntos do seu interese no futuro Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente e, 'deste xeito, participar na toma de decisións e o deseño de políticas públicas'. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, adiantou, así mesmo, durante o noveno Foro Infantil UNICEF – Parlamento de Galicia, que se celebrou esta mañá no Pazo do Hórreo, que o decreto que regulará a constitución e funcionamento deste organismo afronta xa a súa recta final.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (182)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES