Archivo (11 del 2021)

Buscador

Noticias

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da 50ª edición do Belén de Begonte, que abrirá as súas portas entre o 4 de decembro e o 29 de xaneiro de 2022. A cita, declarada de interese turístico galego, recupera así a presencialidade despois de celebrar o ano pasado unha edición virtual por mor das restricións impostas a causa da pandemia. Porén, tamén poderá ser visitado a través da súa web, que recolle a historia e outra información de interese sobre o proxecto. A versión virtual do Nacemento estará dispoñible en galego, castelán e inglés.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.573 deles 533 son da área da Coruña, 369 da de Lugo, 936 da de Ourense, 298 da de Pontevedra, 918 da área de Vigo, 328 da de Santiago e 191 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 93 en unidades de hospitalización e 3.468 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.237 persoas curadas, rexistrándose 2.664 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.970.110. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.781.817.
Volve a campaña informativa 'O que se enchufa, recíclase', co obxectivo de que a taxa galega de reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), 5 quilogramos por habitante ao ano, medre aínda máis. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou unha nova edición coa que dar 'infinitas vidas' a estes materiais, acompañada de Rafael Serrano, de Ecolec, en representación dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP) de RAEE, e o secretario xeral da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), Javier de la Cerna.
A xornada Todas as oportunidades do mar: avanzando na economía azul enmárcase nas actividades promovidas pola Conferencia sobre o futuro de Europa e celebrouse de xeito presencial no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, pero tamén puido seguirse online. A finalidade deste encontro é difundir as liñas de traballo xeradas no marco da economía azul en Galicia e promover o debate sobre elas, destacar as boas prácticas que contribúen a xerar un modelo de desenvolvemento sustentable en termos ambientais, sociais e económicos en relación co mar e implicar á sociedade civil e empresarial na configuración do futuro proxecto europeo.
Outubro confirmou o excelente ritmo de recuperación da demanda turística en Galicia, segundo os últimos datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Con preto de 402.000 viaxeiros aloxados e máis de 754.000 noites, os hoteis galegos pecharon o mes pasado triplicando o dato do ano pasado, o que se traduce nunha recuperación do 95% da demanda turística dos hoteis galegos, 15 puntos mellor que o conxunto do Estado.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.871 deles 466 son da área da Coruña, 302 da de Lugo, 751 da de Ourense, 246 da de Pontevedra, 699 da área de Vigo, 265 da de Santiago e 142 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 71 en unidades de hospitalización e 2.788 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.056 persoas curadas, rexistrándose 2.662 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.959.969.
A colección Biblioteca Neira Vilas, inaugurada pola Editorial Galaxia en 2010 en homenaxe ao autor galego polo 50 aniversario da súa obra por excelencia, Memorias dun neno labrego, incorpora agora dous títulos máis: Camiño bretemoso e Remuíño de sombras. O primeiro deles foi publicado por primeira vez en 1967 e xira entorno a un tema que Neira Vilas coñeceu de primeira man e que converteu nun aspecto clave da súa obra, a emigración. Nesta novela, un vello emigrante vai facendo reconto do seu traxecto vital perante un interlocutor que non intervén mais serve para darlle ao monólogo vivacidade e dramatismo. Remuíño de sombras presenta, pola súa parte, a imaxe colectiva da comunidade galega en Bos Aires. O de Gres ofrece nesta novela a historia da emigración no seu conxunto.
As rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22,6% menos de IRPF que no 2009, e ademais case a metade dos contribuíntes galegos deixarán de pagar un de cada cinco euros por este imposto respecto do que aboaban no ano 2009. Na súa intervención no Debate de Totalidade do Proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos explicou que a Xunta leva aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e 2022- e que o seu impacto foi o triplo para as rendas máis baixas que para as medias e altas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.696 deles 453 son da área da Coruña, 279 da de Lugo, 693 da de Ourense, 225 da de Pontevedra, 665 da área de Vigo, 242 da de Santiago e 139 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 62 en unidades de hospitalización e 2.620 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.994 persoas curadas, rexistrándose 2.662 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.956.706. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.697.372.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu hoxe en Bruselas a importancia de previr o abandono da terra para facer fronte ao reto demográfico. Xesús Gamallo foi o representante galego na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexóns (CdR) na que se debateu sobre a resposta que debe dar a UE aos retos das zonas rurais. Durante a última reunión do ano, a comisión NAT deu o visto bo ao proxecto de ditame sobre a “Visión a longo prazo das zonas rurais”, o documento estratéxico que presentou a Comisión Europea o pasado mes de xullo co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a resiliencia das zonas rurais para o ano 2040.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (167)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES