
Ángeles Vázquez salientou que nestas iniciativas está parte do éxito de recollida de 13.661 toneladas no ano 2020, un período que, a pesar de estar marcado pola pandemia sanitaria da covid-19, acadou cifras similares aos anos anteriores, o que pon de manifesto o compromiso da sociedade galega.
Indicou que, grazas a este esforzo, nos últimos tres anos recolléronse máis de 40.000 toneladas de RAEE e incrementouse nun 11% a recollida ao abeiro da colaboración que manteñen a Xunta e os SCRAP.
Cómpre lembrar que pola compra en liña ou en tenda física dun destes aparellos, o usuario ten dereito á recollida do vello gratuíta no caso das superficies de máis de 400 m2 no momento da entrega para reciclalo e darlle moitas máis vidas. Ademais, tamén se poden depositar nos puntos verdes municipais.
Pola súa banda, o secretario xeral de ADEN, que reúne aos empresarios do sector, lembrou a importancia de manter este tipo de actitudes, pois grazas á recollida de RAEE nas súas superficies evitouse na última década a emisión de 48.000 toneladas de CO2 á atmosfera e se recuperaron 20.000 toneladas de materiais.
Coincidencia co Black Friday
Así mesmo, Ángeles Vázquez defendeu que aínda hai marxe de mellora, polo que na semana actual do Black Friday, un período comercial no que medra considerablemente a venta de aparellos electrónicos e eléctricos, tecnoloxía e dispositivos dixitais, podemos depositar nestes establecementos comerciais os materiais en desuso para que, tras a súa correcta xestión, entren novamente na cadea e se facilite a fabricación dun novo produto.
Todos os presentes apostaron por manter estas campañas de concienciación e formativas, para visualizar o valor destes dispositivos, unha vez que remata a súa vida útil, polo que estar presente nas grandes superficies comerciais é o xeito máis directo e fácil para concienciar aos cidadáns. Ademais, tamén se están a levar a cabo accións enfocadas á mocidade, con mensaxes que se divulgan nas plataformas dixitais de información e música.
A campaña de 2021 artéllase a través dos lemas Aspiro a ter infinitas vidas, O elixir da eterna xuventude... ou case, 7 vidas ten un gato. Paréceme pouco e Superheroes? Eu si que son inmortal, que se visibilizarán nas redes sociais, nos xornais dixitais e en 220.000 dípticos co fin de darlle moitas máis vidas a estes produtos.
Por último, o representante dos SCRAP, Rafael Serrano, animou á sociedade a reciclar para converter esta campaña nun éxito.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.