Noticias

Galicia reivindica o seu papel protagonista na aposta pola economía azul en Europa e deseñará unha estratexia para seguir sendo punteira neste eido

A xornada Todas as oportunidades do mar: avanzando na economía azul enmárcase nas actividades promovidas pola Conferencia sobre o futuro de Europa e celebrouse de xeito presencial no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, pero tamén puido seguirse online. A finalidade deste encontro é difundir as liñas de traballo xeradas no marco da economía azul en Galicia e promover o debate sobre elas, destacar as boas prácticas que contribúen a xerar un modelo de desenvolvemento sustentable en termos ambientais, sociais e económicos en relación co mar e implicar á sociedade civil e empresarial na configuración do futuro proxecto europeo.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reivindicou hoxe o papel de Galicia como unha das rexións europeas que máis apostaron pola economía azul nos últimos anos -polo que é un modelo a seguir para outros países- e defendeu a necesidade de continuar incidindo neste eido, o que contribuirá a impulsar a recuperación económica nas zonas costeiras trala pandemia pola covid-19. Con ese obxectivo, a comunidade traballa xa no deseño dunha estratexia galega para a economía azul que inclúa aos sectores relacionados co medio mariño e lle permita seguir sendo punteira.

A titular de Mar explicou durante a clausura da xornada Todas as oportunidades do mar: avanzando na economía azul que a comunidade galega é un exemplo de boas prácticas neste ámbito e que debe seguir avanzando e aproveitando as oportunidades que ofrece o mar. Neste sentido, a representante do Executivo galego lembrou que 64 das 81 ramas de actividade da economía galega teñen que ver coa mar, co océano e coa costa entre as que se inclúen a pesca, a acuicultura, o transporte marítimo, o naval, o turismo ou a actividade portuaria, entre outras.

Por iso, Rosa Quintana salientou no evento -organizado conxuntamente pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería do Mar e a Secretaría de Estado para a Unión Europea do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación no marco das actividades da Conferencia sobre o futuro de Europa- a transcendencia da crecemento azul como motor de futuro. Para logralo, incidiu, é fundamental cumprir coas directrices europeas de desenvolver unha economía azul responsable e sustentable, na liña das boas prácticas promovidas polo sector marítimo-pesqueiro galego, e apostou por reforzar a estratexia galega neste eido.

“Queremos sustentala nas actividades marítimo-pesqueiras tradicionais e que teña como elementos clave a coordinación e a compatibilidade con outras actividades así como o equilibrio en termos ambientais, sociais e económicos”, remarcou Rosa Quintana. Nesta liña, a conselleira do Mar puxo en valor o traballo realizado polos dous casos de éxito analizados durante a xornada: o plan de crecemento azul impulsado pola Autoridade Portuaria de Vigo desde 2016 e as estratexias de desenvolvemento local participativo postas en marcha polos oito grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia.

A representante da Xunta recordou que o porto de Vigo aposta pola creación de emprego e riqueza vencellada co mar de xeito sustentable, respectuoso co medio ambiente e responsable co futuro das persoas así como coas súas condicións de traballo. En canto aos GALP, salientou o seu papel na dinamización das zonas costeiras. Desde 2016 puxéronse en marcha arredor de 500 proxectos co obxectivo de aumentar o emprego, diversificar a actividade no litoral de Galicia, protexer o patrimonio marítimo-pesqueiro e contribuír ao benestar social.

Por iso, Rosa Quintana subliñou a importancia de xornadas coma esta para que outras rexións europeas coñezan o bo traballo que se está a facer en Galicia e que poidan replicar accións e proxectos semellantes. O intercambio de experiencias e coñecementos, incidiu a conselleira, é fundamental para avanzar no desenvolvemento da economía azul e para facer fronte aos retos e desafíos que se presentan no futuro.

O evento

A xornada Todas as oportunidades do mar: avanzando na economía azul enmárcase nas actividades promovidas pola Conferencia sobre o futuro de Europa e celebrouse de xeito presencial no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, pero tamén puido seguirse online. A finalidade deste encontro é difundir as liñas de traballo xeradas no marco da economía azul en Galicia e promover o debate sobre elas, destacar as boas prácticas que contribúen a xerar un modelo de desenvolvemento sustentable en termos ambientais, sociais e económicos en relación co mar e implicar á sociedade civil e empresarial na configuración do futuro proxecto europeo.

O evento foi inaugurado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, e polo conselleiro técnico da Dirección Xeral de Coordinación do Mercado Interior e Outras Políticas do Estado do Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación, José María Escudero. Trala inauguración abordouse como primeiro bloque temático O crecemento azul como motor de futuro: o exemplo da Autoridade Portuaria de Vigo, coa exposición de varios proxectos como exemplos de boas prácticas neste eido.

O segundo bloque temático da xornada, titulado As estratexias de desenvolvemento local participativo nun futuro de diversificación da economía marítimo-pesqueira, foi presentado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Susana Rodríguez, que deu paso á exposición de catro exemplos de proxectos desenvolvidos ao abeiro dos GALP de Galicia: o proxecto Tanza, o Plan de produción de aceite de microalgas, o Hotel Bela Fisterra e a iniciativa Pescaturismo Praia Sanxenxo.

R., 2021-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES