Noticias

O tempo medio de agarda para intervencións cirúrxicas na comunidade galega sitúase en 70 días

O Servizo Galego de Saúde vén de posicionar á Galicia como a segunda comunidade autónoma con mellores datos de lista de agarda para acceder a unha intervención cirúrxica en todo o sistema sanitario español, só por detrás do País Vasco. Segundo o último informe emitido polo Sistema de Información sobre Listas de Espera do Sistema Nacional de Saúde, durante o primeiro semestre do ano 2021, a comunidade galega contou cunha media de 70 días de agarda para operarse, situándose 51 días por debaixo da media nacional.

Neste senso, e atendendo á porcentaxe de pacientes que agardan máis de seis meses para unha intervención, Galicia tamén é o segundo territorio nacional cos mellores datos, co 5,5% dos pacientes, novamente só por detrás do País Vasco (4%). Neste ámbito, a media nacional ascende até o 18,95% dos casos.

Prazos de agarda para consultas

No que atinxe aos prazos de espera para as consultas de enfermidade, o tempo medio en Galicia é de 43 días. Unha cifra por debaixo da media de espera do Sistema Nacional de Saúde, que se situou en 75 días en xuño de 2021. Isto supón que os galegos esperan unha media de 17 días menos que o conxunto de cidadáns do Sistema Nacional de Saúde.

Sinalar, así mesmo, que a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 60 días para unha consulta é do 23% en Galicia, fronte ao 38,3% do SNS.

R., 2021-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.

Notas

No marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, estableceuse como obxectivo a elaboración dun protocolo común en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado destas universidades.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá os días 22 e 23 de setembro o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, que ten por lema Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico. Con arredor dun centenar de asistentes, no evento presentaranse arredor de 70 traballos científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES