
Os cálculos provisionais incluídos no informe da Consellería de Facenda e Administración Pública avaliado hoxe no Consello estiman que Galicia deixaría de recibir 40 millóns por cada mes que estea en vigor o decreto. 'Hai un impacto na facenda das comunidades que son as que sosteñen os servizos públicos nas autonomías', indicou Rueda.
O presidente autonómico lamentou que o Goberno central non tivese en conta ás comunidades á hora de aprobar as novas medidas e destacou que, posto que afecta a tributos que deixan de ingresar os territorios, na práctica isto significa que Galicia achegará un total de 120,6 millóns de euros ás medidas para paliar o impacto do conflito en Oriente Medio, unha aportación que aumentaría no caso de que se prorrogasen as medidas, tal e como sinala o propio Real Decreto Lei.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.