
Jacobo Rey instou aos máis pequenos, e tamén ás mozas e mozos, a participar activamente nunha iniciativa que contribuirá a facer realidade o dereito á participación social dos nenos nenas e adolescentes, para que, como cidadáns que sodes, poidades expor todo aquelo que lles preocupa ou interesa.
Ademais, o Consello Galego de Participación infantil e Adolescente, que verá a luz nas vindeiras semanas e cuxo funcionamento foi consensuado coas principais entidades do sector, busca conseguir máis cohesión e concienciación no conxunto da sociedade galega sobre a necesidade de protexer os dereitos da infancia e da adolescencia. Así, este órgano estará conformado polos participantes nas comisións locais que pertenzan ao programa Cidades Amigas da Infancia e buscará solucións para as diferentes dificultades ás que se enfronta a mocidade desde o consenso e a colaboración.
Cidades amigas da Infancia
Neste sentido, cabe salientar que nos últimos anos o número de localidades galegas adheridas ao programa Cidades Amigas da Infancia pasou dunha, Castrelo de Miño, a dez coa incorporación dos concellos de Teo, Cabanas, Carnota, Moeche, Redondela, Tomiño, O Porriño e Ourense e a máis recente de Ponteareas.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.