Archivo (11 del 2021)

Buscador

Noticias

A Estratexia Loxística das Infraestruturas de Galicia 2021-2028 busca, precisamente, definir as actuacións necesarias para aproveitar ao máximo a incorporación ao Corredor Atlántico, incrementando área de influencia dos Portos da Comunidade mediante o fomento da multimodalidade do transporte de mercadorías asociado a eles. Ethel Vázquez sinalou como meta deste proxecto impulsar o transporte de mercadorías entre Galicia e o resto de España, Portugal e o conxunto da UE, para conseguir transportar 3 millóns de toneladas máis cada ano por ferrocarril, sendo así máis competitivos e evitando, dese xeito, a emisión de 150.000 toneladas de CO2 cada ano.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.367 deles 317 son da área da Coruña, 134 da de Lugo, 322 da de Ourense, 114 da de Pontevedra, 263 da área de Vigo, 123 da de Santiago e 94 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 46 en unidades de hospitalización e 1.311 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.633 persoas curadas, rexistrándose 2.658 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.934.401. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.598.012.
Galicia crece en todos os indicadores de uso das TIC e reduce a distancia coa media estatal. Destaca especialmente o crecemento de uso e contratación entre os colectivos de persoas de máis idade e nos municipios de menos habitantes. Segundo os datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2021, o 90,2% dos galegos usa internet, rexistrando a menor diferencia coa media estatal do rexistro histórico. Por idades o 100% dos galegos de 16 a 34 anos empregan internet, por riba da media estatal, e o crecemento máis importante rexistrouse no tramo de idade de 65 a 75 anos cun 21% fronte ao 5,2% de crecemento estatal.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.285 deles 317 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 295 da de Ourense, 106 da de Pontevedra, 233 da área de Vigo, 113 da de Santiago e 97 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 44 en unidades de hospitalización e 1.232 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.595 persoas curadas, rexistrándose 2.656 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.932.022.
A Xunta de Galicia emitiu un total de 2.149.567 certificados covid. Deles, 2.070.953 foron certificados de vacinación, 48.833 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 29.781 certificados de ter superado a enfermidade. ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.
A Xunta e os hostaleiros acordaron solicitar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais do sector co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria debido ao aumento dos contaxios nas últimas semanas pero causando o mínimo prexuízo posible ao sector. O Goberno galego, dacordo cos hostaleiros, proporá solicitar o certificado covid na hostalería, que require autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A previsión é solicitalo nos restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafetarías a partir das 21,00 horas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 993 deles 258 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 259 da de Ourense, 78 da de Pontevedra, 146 da área de Vigo, 85 da de Santiago e 82 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 37 en unidades de hospitalización e 945 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.482 persoas curadas, rexistrándose 2.655 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.924.506. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.574.548.
A Xunta segue comprometida co impulso dunha Galicia máis verde, fomentando o uso de enerxías renovables entre todo tipo de usuarios -fogares, empresas e administracións- co obxectivo de avanzar na transición ecolóxica. Por iso vai lanzar unha serie de apoios económicos que van contribuír á redución dos custos enerxéticos dos beneficiarios, nun momento de continua escalada de prezos na factura da luz que teñen que pagar as familias e o tecido empresarial; ademais da creación de emprego, a reactivación económica e a mellora ambiental que repercute na calidade de vida da sociedade galega.
A primeira edición de Sinsal Museo do Mar ofrecerá tres xornadas de música que xuntarán tradición e vangarda, comezando polas sonoridades do jazz, do folk ou do indie que transita Luísa Sobral, unha das voces novas máis salientables de Portugal. En canto aos concertos da vindeira semana, o recinto museístico contará con dous escenarios situados nas salas Curiosidades científicas e Lonxa. Na primeira delas, terán lugar na tarde do sábado 20 os acústicos do compositor e produtor británico, residente en Vigo, Adrian Timms e mais de Rebe, unha das revelacións da escena musical española.
A Biblioteca Nacional Española inaugurou hoxe a exposición Xacobeo. As pegadas do Camiño, a nova mostra coorganizada coa Xunta de Galicia e Acción Cultural Española que repasa as testemuñas e pegadas que o Camiño de Santiago deixou nos últimos séculos na historia, na cultura, na arte, na literatura ou nas paisaxes a través dunha selección de máis de 200 pezas únicas procedentes de fondos de distintas institucións e coleccións particulares. Esta mostra enmárcase na programación cultural do Goberno autonómico polo Xacobeo 21-22.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES