Noticias

Galicia supera os 2.1 millóns de certificados covid emitidos

A Xunta de Galicia emitiu un total de 2.149.567 certificados covid. Deles, 2.070.953 foron certificados de vacinación, 48.833 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 29.781 certificados de ter superado a enfermidade. ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.

A Xunta de Galicia emitiu un total de 2.149.567 certificados covid. Deles, 2.070.953 foron certificados de vacinación, 48.833 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 29.781 certificados de ter superado a enfermidade.

Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.

Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 51.510 persoas, que permitiron localizar a 530 persoas con resultado positivo.

Así mesmo, a Xunta de Galicia, en colaboración coas áreas sanitarias, estivo a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron tests a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.

R., 2021-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.

Notas

No marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, estableceuse como obxectivo a elaboración dun protocolo común en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado destas universidades.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá os días 22 e 23 de setembro o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, que ten por lema Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico. Con arredor dun centenar de asistentes, no evento presentaranse arredor de 70 traballos científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES