
O principal obxectivo do congreso, organizado en colaboración con Ãgora Termal, é “ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados cun mellor aproveitamento das propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais”. Colaboran na iniciativa, ademais da Universidade de Vigo, o Consello Social da Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.
Na presentación do congreso celebrada este mércores, Raquel Rial, directora de Ãrea de Ourense, salientou que a iniciativa inscrÃbese no marco do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense financiado e acreditado pola Xunta de Galicia que ten entre as súas liñas estratéxicas de traballo a xestión termal. Ademais, engadiu Jesús Vázquez, decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, o evento celébrase no marco das actividades do centro co gallo do seu 40 aniversario. Pola súa banda, Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, e Belén Gómez, xefa da Ãrea de Turismo Termal da Axencia de Turismo de Galicia, puxeron en valor o potencial da balnoterapia en Ourense e Galicia. Nas súas intervencións destacouse ademais a calidade cientÃfica que terá o congreso e o feito de que nel participarán especialistas europeos e sudamericanos, contando con representación das máis importantes sociedades internacionais do secto.
Conferencias, comunicacións, pósters, mesas redondas e más actividades
Francisco Reyes, profesor da Universidade de Vigo e presidente do comité organizador do congreso xunto a José Luis Legido, salientou que o evento contará coa participación dun centenar de persoas e con arredor de 70 comunicacións e pósters elaborados por arredor de 150 investigadoras e investigadores. O programa arrancará coa conferencia inaugural de Marlies Sobczak, membro da xunta directiva da Asociación Europea de Balnearios (ESPA) e lÃder do seu grupo de traballo de talasoterapia. Ao longo dos dous dÃas de actividade haberá mesas redondas nas que participarán especialistas de cada sector sobre a inclusión da cura balnearia nas prestacións do Sistema Nacional de Sanidade Pública, experiencias innovadoras de xestión de territorios termais e o papel das institucións cientÃficas na hidroloxÃa médica. Ademais, presentaranse 67 comunicacións e pósters. As comunicacións abranguen temas que van desde Ourense como un antigo asentamento fundamentado nas súas fontes termais ata a avaliación do potencial de auga termal na elaboración dunha cervexa artesá. Os pósters abarcan desde o estado actual da cosmética termal en Europa ata os fluxos de calor xeotérmicos do xacemento Ourense-cidade.
A conferencia de peche será ofrecida por Christian-François Roques-Latrille, da International Society of Medical Hydrology and Climatology, e na clausura oficial daranse a coller os fallos do premio á mellor comunicación e o premio ao mellor póster. Ao longo dos dous dÃas de congreso tamén se desenvolverán diferentes actividades paralelas, como un ciclo de cine sobre balneoterapia no Cineclube Padre Feijoo; homenaxes a “referentes” como Marita Souto e Luis RodrÃguez MÃguez; e unha exposición de libros na Biblioteca RosalÃa de Castro do campus de Ourense e outra de material na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (cedido pola Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mondariz Balneario).
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.